Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2017
Concerto

Confesión xeral

Martes 12 Setembro / 20:30H
CGAC
Santiago de Compostela

CONFESIÓN XERAL
Jorge Gómez Elizondo (México, 1986 ) ¡Vayajazo! (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica
Chikage Imai (Xapón, 1979) Itinerary (2017) saxofón, tuba e piano
Heather Stebbins (Estados Unidos, 1987) Ursa Major (2017) saxofón, piano, percusión e electrónica
Joanna Wozny (Polonia, 1973) No rearer* (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica

Estreas absolutas. Encomendas de Vertixe sonora

*Co apoio do Goberno de Austria

VERTIXE SONORA
Pablo Coello saxofón /  Óscar Prieto tuba / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ángel Faraldo electrónica e difusión multimedia // Dirección musical Pablo Coello / Dirección artística Ramón Souto

 

AS OBRAS
¡Vayajazo! saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica
Esta obra abarca un ciclo de cinco pequenas pezas basadas en impresións personais e intuitivas da obra de Luis Gordillo. Inspireime nas formas laberintosas do seu traballo de finais dos 80, nas súas obras creadas en series, na sucesión e variación de imaxes dentro dunha mesma peza, nas sobreimpresión e dualidades, na pluralidade e no fragmentario que crea múltiples tensións á vez que resulta en unidade. Con estas impresións en mente, explorouse impromptuosamente a súa representación sonora.

Itinerary saxofón, tuba e piano
Antítese, biomórfico, realzado, sinuoso, reflexivo.
Estas ideas estéticas conducen a mente creativa de Luis Gordillo nas súas obras. Unha vez que sinala o lienzo na pintura con eles, o seu rubor pasa continuamente ata cando está terminado. Entón, observouno e contactou coas conclusións sociais, psíquicas ou estéticas da peza. Dixo que “canto máis intenso era o impulso plástico, máis estético sería o resultado”. Desta maneira, tomei o seu proceso creativo e manipulei as ideas estéticas anteriores ó compoñer esta peza.
Xa que un dos aspectos máis significativos da miña música é “sentir a gravidade” á que chamo “vector na música”, a mente creativa de Gordillo é moi inspiradora para min. Non se refire a confiar na intuición, senón a inspeccionar o vector das accións sonoras que compuxen nesta peza como sera  fora un manuscrito de imaxe no estilo musical dalgunhas das minas pezas.

Ursa Major saxofón, piano, percusión e electrónica
Ursa Major é unha constelación de ideas musicais e performativas que teñen estado nos meus pensamentos ultimamente. Inspireime na exposición de Luis Gordillo para facer unha retrospectiva persoal sobre o meu traballo compositivo recente. Ursa Major recolle ideas significativas de pezas máis antigas e sitúaas nunha nova luz. Síntome en gran débeda con Vertixe Sonora por esta oportunidade.

No nearer saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica
Ecos dos impulsos, as mesmas imaxes sonoras que o canon disperso en toda a peza (como entrar nunha habitación – repetida) (e, sen embargo, a destrución da periodicidade)
Sen ningunha resposta
Constelacións sonoras microscópicas
Descompoñer sons, tematizar as partículas

 

OS COMPOSITORES
Jorge Eduardo Gómez Elizondo. Mexico, 1986
Compositor mexicano nado no Condado do Val de Brazos, Texas.

Obtén o grao de Licenciado en Composición Musical na Facultade de Música da Universidade Autónoma de Novo León (UANL) en Monterrey (México) estudando con Ricardo Martínez e Alejandro Gómez.

Continúa os seus estudos de posgrao na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) estudando con Roberto Morales Manzanares e Manuel Rocha Iturbide, obtendo o grao de Mestre en Música e Tecnoloxía Musical.

Ten revisado a súa obra e asistido a cursos con Carola Bauckholt, Uros Rojko, Johannes Kreidler, Caspar Johannes Walter, Manos Tsangaris, Julio Estrada, Marcelo Toledo, Ignacio Baca Lobera, Joao Pedro Oliveira, Jean Luc Hervé, Panayiotis Kokoras, Dimitri Papagiorgiou e Nickos Harizanos, entre outros.

A súa peza Anamnesis para violín solo, recibe o primeiro lugar no pedido nacional de obras do XI Festival Internacional de Música Nueva Monterrey (2014).

Ten recibido bolsas de composición do Centro de Compositores de Novo León en tres ocasións, do departamento de Posgrao da UNAM e foi seleccionado para participar no Programa de Fortalecemento de Novos Compositores Prácticas de Vuelo otorgado polo Centro Mexicano para a Música e as Artes Sonoras (2014). É artista residente do cuarteto de cordas Cromano (2015) e foi seleccionado como compositor residente para o Delian Academy for new Music en Grecia (2017).

Entre os anos 2013 e 2016 foi docente da cátedra de composición e electroacústica na Facultade de Música da Universidade Autónoma de Novo León e docente do Instituto Tecnolóxico de Estudos Superiores de Monterrey na enxenería de producción musical. En conxunto coas súas actividades como compositor, improvisa principalmente con instrumentos programados na linguaxe de programación SuperCollider, na cal manipula o son en tempo real ou a través de procesos algorítmicos automatizados.

Recentemente foi invitado a participar na serie de instalacións sonoras “Trezor” para participar coa súa instalación sonora Leichte Resonanzen no espazo Porgy & Bess en Viena. Actualmente continúa a súa formación profesional na Anton Bruckner Privatuniversität na cidade de Linz (Austria) estudando coa compositora Carola Bauckholt.

Chikage Imai. Xapón, 1979
Chikage Imai estudiou con Akihiko Matsui na Universidade Prefectural de Belas Artes e Música de Aichi e con Wim Henderickx e Fabio Nieder no Conservatorio de Amsterdam onde recibiu os seus diplomas de licenciatura e master cunha bolsa de estudos da Rohm Music Foundation. Dende 2002, Joji Yuasa é o seu mentor oficial e personal.
A súa música interprétase en todo o mundo, recibindo encomendas de organizacións, festivais internacionais e músicos recoñecidos como Gaudeamus muzikweek, Festival d’Automne en París, Westdeutschen Rundfunks, Music from Japan, Lucas Vis, Irvine Arditti, Ernest Rombout, Duo Miako Klein & Sava Stoianov, Nieuw Ensemble, Ensemble Modern e Hanatsu Mirior, entre outros.
Imai está involucrada en proxectos nos que colabora con outros artistas e formas artísticas, incluíndo arte visual, escenografía e fotografía.
A música de Imai publícase en Muzikproduktion Dabringhaus und Grimm e no Ensemble Modern Media. A través de ser asociada de investigación honoraria no Royal Holloway da Universidade de Londres, actualmente é directora artística do Seainx project, unha organización de concertos, obradoiros e cursos que amplian a escena musical contemporánea en Nagoya.

Heather Stebbins. Estados Unidos, 1987
Compositora de obras acústicas e electroacústicas cunha gran bagaxe coma violonchelista, no centro da súa música hai unha fascinación profunda polas estruturas internas e as complexidades do son.
A música de Heather interpretouse en festivais e conferencias en América, Europa, Australia e Asia, incluíndo SEAMUS, FEMF, NYCEMF, ICMC, BEAMS, MANTIS e no Festival do Third Practice Festival, onde foi axudante técnico dende 2005. Traballou con ensembles coma o Eighth Blackbird, Loadbang, Ensemble U:, Sound Icon, Ensemble L’Arsenale, JACK Quartet,  Wellesley Chamber Ensemble, Richmond Symphony Orchestra e o SUNY Purchase Percussion Ensemble.
Os principais profesores de Heather foron Benjamin Broening, Joshua Fineberg e Helena Tulve, con quen estudou durante unha beca Fulbright en Tallin (Estonia) entre 2014-2015.
Heather completou a súa titulación de Doutora en Artes Musicais en 2016 na Universidade de Boston, onde impartiu clases de música electrónica, MaxMSP e habilidades auditivas. Heather formouse na Universidade de Richmond coas licenciaturas de teoría/composición e interpretación de violonchelo en 2009. Participou en clases maxistrais con compositores coma Beat Furrer, Tristan Murail, Philippe Leroux, Salvatore Sciarrino, Olga Neuwirth e Mario Davidovsky.

Joanna Wozny. Polonia, 1973
Rematou os seus estudos de filosofía na Universidade de Katowice en 1999. Entre 1996 e 2003 estudou composición con Beat Furrer na Universide Kunst de Graz, onde se graduou con honores.

Entre os premios que gañou están o premio para a Promoción da Música da cidade de Graz (novos compositores) (2001), o premio honorífico da Universidade Kunst (2004), o SKE (2010), o premio de composición Erste Bank (2010) e o premio de composición Andrzej Dobrowolski (2017).

As súas obras foron interpretadas pola Orquestra da Radio de Viena, DSO de Berlín, Orquetra da Radio de Munich, Orquestra Nacional de Polonia, Orquestra da Radio de Katowice, Klangforum de Viena, Ensemble Mosaik, Ensemble Recherche, Ensemble Ascolta, Ensemble Courage, PluralEnsemble, PHACE Ensemble e dirixidas por mestres coma Brad Lubman, Enno Poppe e Lukas Vis, entre outros.

A música de Joanna Woźny presentouse en festivais coma o Wien Modern, Ultraschall Berlin, Warsaw Autumn, Musica Polonica Nova, Klangspuren Schwaz, Musikprotokoll Graz, Forum Neuer Musik de Colonia, Festival Eclat de Stuttgart ou o ISCM World New Music Days 2013.

Actualmente, Joanna vive en Austria.

 

Entrada  libre e gratuita até completar as localidades.