Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2017
Concerto

Catálogos de sopro, respiración e asubío

Venres 19 Maio / 19:30H
CGAC – Centro Galego de Arte Contemporánea
Santiago de Compostela

Catro compresores de aire e electrónica. Esas son ferramentas das que os músicos de VSE botan man para “Catálogos de sopro, respiración e siseo”. Un estudo obsesivo e recurrente da difusión do aire do compositor Ramón Souto (Vigo, 1976). Así dá comezo, co motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, a nova edición de Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.

Vertixe Sonora [intérpretes neste concerto] Pablo Coello, Diego Ventoso, Celia Adrián, Ailsa Lewin, performers|Ramón Souto, electrónica

vídeos