VII Festival Vertixe Sonora 2019
Danza, concerto

Brumario

Javier Martín

Domingo 27 Outubro / 13:00H
Auditorio Martín Códax
Vigo

Proxecto de investigación e creación en código aberto, versado nos rigores da improvisación a nivel de son e movemento. Cunha marcada identidade artística que aposta pola produción local de coñecemento, este encontro entre Vertixe Sonora e o coreógrafo Javier Martín busca desenvolver un concerto performativo baseado no concepto de vibración como lugar que atravesa e conforma ambas disciplinas. Mantendo unha metodoloxía de traballo en contacto co público, búscase que a creación aflore nun contexto participado pola crítica, á vez que se crea un contexto subxectivo para o seu coidado.

PROGRAMA
HEATHER STEBBINS (Canadá, 1987) Ursa Major (2017)

VERTIXE SONORA + JAVIER MARTÍN Improvisacións a partir do Feedback

JAVIER MARTÍN artes do movimiento

VERTIXE SONORA Pablo Coello saxofón | David Durán piano | Diego Ventoso percusión | Ángel Faraldo electrónica

JAVIER MARTÍN
Coreógrafo e artista contemporáneo da Coruña, desenvolve proxectos de investigación de corte epistemolóxico en torno ás artes do movemento que atopan as súas fugas en distintos desbordamentos discursivos e as súas aplicacións. A creación estética, escrita, conferencias-performativas, procesos de obra acompañados de laboratorios e grupos de investigación, intervención de itinerarios formativos en distintas universidades ou a organización de seminarios, son terreos nos que atopamos a Javier Martín.

Con máis de 10 anos de traxectoria profesional, estreou máis de trinta pezas en distintas partes do mundo, establecendo sinerxías creativas con artistas de diferentes disciplinas, como o pianista ruso Oleg Karavaichuk no Proxecto Symptoma; o fotógrafo e cineasta Tono Mejuto na película de cine-danza Qviasma, co escultor Joaquin Jara EN SOMA. En 2017, o Museo Universidade de Navarra publicou “Javier Martín. Caderno de creación”, o primeiro monográfico sobre o seu traballo artístico.

Convenio Festival Vertixe Sonora