Presentación
Comezou os seus estudos no Conservatorio do seu Oviedo natal, continuándoos na Guidhall School of Music de Londres, na Hochschule für Musik de Basilea e na Hochschule für Musik de Frankfurt onde, como viola na Academia do Ensemble Modern, obtivo o Mestrado en Interpretación Música contemporánea. Completou a súa formación na Lucerne Festival Academy e no IRCAM Ulysses Ensemble, no Banff Center de Canadá, no Yale University Norkfolk Festival Ensemble, no Spoleto USA Festival Ensemble, na Birmingham City Symphony Orchestra e no Britten Pears Ensemble en Aldeburgh, Inglaterra. Participou en gravacións para Art-Haus, Radio France, Bayerischen Rundfunk, WDR, Alpha Classics, SRF de Suíza e BBC, sendo galardoado en 2009 co Premio da Society of Chamber Music de Birmingham, Reino Unido. Foi cofundador do Ciclo de Música Contemporánea de Oviedo.