[CAUSAL 1.Relativo ou pertencente á causa. 2.Que expresa ou introduce a causa. Dicionario RAG]
O foro internacional de composición cAuSaL é un espazo de encontro e discusión ao redor da composición de música contemporánea no que se dan a coñecer a obra de compositores cunha traxectoria consolidada e as novas voces presentes no panorama internacional.
Organizado por Vertixe Sonora coa colaboración das principais institucións educativas e culturais de Galicia, cAuSaL desenvolverá ao longo do ano distintos encontros nos que importantes compositores do panorama internacional falarán da súa música e dos procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. O encontro completaranse con ensaios abertos nos que participarán intérpretes do Vertixe Sonora Ensemble.
cAuSaL está aberto a compositores, instrumentistas, estudantes e aquelas persoas interesadas na música contemporánea que desexen participar.