
SOUND UP!
Fernando Curiel, Santiago Diez Fischer, Mateu Malondra, Ramón Otero, Matías Rosales, Januibe Tejera, Ian Whillock, Tianyu Zou
HANATSU Miroir e Vertixe Sonora exploran os mesmos camiños: os da creación, a innovación e a posta en común, coa vontade de vincular íntimamente as diferentes dimensións da arte actual. Para este novo número de Sound Up! os dous ensembles salvan a distancia xeográfica para construír un concerto común. Tratarase de crear un diálogo entre dous repertorios compostos por obras de compositores próximos a cada conxunto, ata a fusión das dúas formacións para a creación dunha nova obra de Matías Rosales.
Compositores: Fernando Curiel, Santiago Diez Fischer, Mateu Malondra, Ramón Otero, Matías Rosales, Januibe Tejera, Ian Whillock, Tianyu Zou
HANATSU Miroir: Ayako Okubo frautas | Olivier Maurel percusión | Laurent Camatte viola | Raphaël Siefert iluminación
VERTIXE SONORA María Mogas acordeón | Nuno Marques guitarra eléctrica | Pablo Coello saxofón | David Durán piano | Diego Ventoso percusión | Iván Ferrer medios electrónicos


