Interius
Joâo Quinteiro, Pablo Coello, Diego Ventoso, Ramón Souto
Propoñemos un breve encontro cos materiais sonoros e conceptuais detrás do programa Dérivation. Deseñado para o alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Mos e o alumnado do IES de Mos en Interius o compositor portugués Joâo Quinteiro, o saxofonista Pablo Coello, o percusionista Diego Ventoso e mailo director artístico de Vertixe Sonora Ramón Souto manterán unha conversa co obxecto de mostrar a motivación estética que se agocha trala escolla de obras deste programa de concerto. Posteriormente desmenuzaranse cada unha das obras pezas escoitando ailladamente os diferentes elementos que interveñen na creación dos mundos sonoros que nos deparará o concerto.
LATEXOS – Actividad subvencionada por el Ministerio de Cultura y Deporte