O non ensino da composición ou o erro coma necesidade
DROR FEILER

CONFERENCIA Facultade de Belas Artes Espazo 16
13:00 h.
Venres, 29 de setembro

Tentáchelo? Fracasaches? Téntao de novo. Fracasa outra vez. Fracasa mellor

É moi difícil escoitar. Moi difícil escoitar aos de- mais, en silencio ou en ruído. Outros pensamentos, outros ruídos, outras sonoridades, outras ideas.

Cando un escoita, a miúdo busca ato- parse a si mesmo nos outros.

Atopar os propios mecanismos, o sistema, a ra- cionalidade dun mesmo, no outro. Esta é unha forma de violencia totalmente conservadora.

En lugar de escoitar o silencio e o ruído nun mesmo, en lugar de escoitar aos demais, un espera ouvirse a si mesmo unha vez máis. É unha repetición que se volve académica, conservadora, reaccionaria. É unha parede contra os pensamentos, contra o que non

é posible, mesmo hoxe, explicar. É a consecuencia dunha mentalidade sistemática, baseada na priori (interna ou externa, social ou estética). Amamos o confort, a repetición, os mitos; á xente encántalle es- coitar sempre o mesmo, con esas pequenas diferen- zas que permiten mostrar a súa propia intelixencia.

Erro

Se hai un sentido da realidade, tamén debe haber un sentido da probabilidade.

Non é correcto que se eliximos algo, sexa único e adecuado; talvez o que non se elixiu é máis ade- cuado. No traballo no estudo, na música electró- nica, é así. Hai moitos accidentes, casos, erros? erros que teñen unha enorme importancia. Por tanto, o erro é o que vén romper as regras.

O que eu / nós anhelamos

Un pensamento musical que transforme o pensa- mento / escóita dos músicos, en lugar de proporcio- narlles novas fórmulas como detrezas que lles per- mitan facer a así chamada música contemporánea.

Espertar o oído

Talvez é posible tratar de espertar o oído.

Espertar o oído, os ollos, o pensamento huma- no. A extrema interioridade exteriorizada. Iso é o esencial na música e nas artes hoxe en día.

* Fragmentos dun texto de Luigi Nono (1983) procesados por Dror Feiler (texto orixi- nal traducido por Pedro Alvarez, 2017)

Dror Feiler

Nace en 1951 en Tel Aviv, Israel. Vive en Suecia desde 1973. Intérprete de saxofóns (soprillo, sopranino, soprano, alto, tenor e baixo), clarinete en sib, corno inglés, clarinete contrabaixo e sistemas de son computarizados. Compositor de música para ensembles e orquestras en Suecia, Rusia, Yugoslavia, Serbia, Bosnia, Croacia, Gran Bretaña, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Bielorrusia, Ucraína, Letonia, Austria, Suíza, Francia, Israel, Palestina, Noruega, Alemaña, Xapón, Colombia, México, Estados Unidos, Brasil, Arxentina e España durante os últimos 40 anos.

Co seu ardente sentido da vocación Dror Feiler é recoñecido como un dos princi- pais músicos, compositores e improvisadores de Suecia, e clama pola igualdade de status entre a música improvisada e a composición. “Non podemos deixar de notar como a práctica da composición, con toda a súa historia, levounos de novo ás orixes de toda a música: a improvisación. A improvisación pode ser interpretada como un acto instintivo de tratar de lograr a emancipación nunha sociedade burocrática e tecnocrática”. Nos últimos anos, a súa reputación como músico e compositor está
a crecer rapidamente e algunhas dos máis importantes ensembles e orquestras europeas lle encomendaron novas obras (Klangforum Wien, Ensemble Modern, Neo, Vertixe Sonora).

Ten escrito para e traballado con: Ensemble Modern (Francfort), Zeitkratzer ensem- ble (Berlín), Ensemble 20. Jahrhundert (Wien), Klangforum Wien, KammarensembelN (Estocolmo), X-pol ensemble (Bremen), Kroumata Pärlor för svin (Estocolmo), Neo (Suecia), Symphonieorchester deas Bayerischen Rundfunks, SWR Symphonieorches- ter.

Ten escrito e traballado con músicos coma: Blixa Bargeld, Merzbow, Mats Gusta- vsson, Erik Drescher, Carine Levine, Hans-Onda Ericsson, Zbigniew Karkowski, Evan Parker, Fred Frith, Tom Cora, Charles Morrow, Phil Minton, Vladimit Tarasov, Juri Kusnetsov , Shoji Hano, Sergej Kuryuchin, Werner Lüdi, V. Chekasin. Kristine Scholtz e Mats Persson, Sten Sandell, Meira Asher, Rosemary Hardy, Mikael von Hauswolf, Leif Elggren, Kent Tancred, m. .

Ao falar da súa música demostra unha vontade por relacionar música e realidade. “Quero dirixirme aos problemas da vida: Beat the White the rede wedge(Revolución); Schlafbrand (Segunda Guerra Mundial); Dexa que os millonarios se ispan (vinganza dos pobres); Intifada e Halat Hisar (con ito israelo-palestino). A estética en si mesma non me interesa. Inda máis, penso que é perigosa. Cando compoño ou toco non bus- co a beleza, senón a verdade”. A miúdo describe –cun longo fortissimo– unha loita violenta, pero en relación a Maavak (loita) di: “Maavak non describe a loita, Maavak

é a loita”. Dror Feiler mantense activo traballando solidariamente no contexto israe- lí-palestino desde 1970 (foi un dos iniciadores de “Ship to Gaza Sweden” e é un dos portavoces da organización) e estivo involucrado na paci cación de Colombia desde mediados da década de 1990.

Espazos compartidos: espazo, material e estrutura na creación sonora
LULA ROMERO

OBRADOIRO
Facultade de Belas Artes
Espazo a determinar
Xoves 19 (tarde) e Venres 20 de outubro (mañán)

Preséntanse diferentes estratexias desenvolvidas no seu traballo recente que exploran o fenómeno do espazo na creación sonora e a súa relación coas categorías de material sonoro e estrutura. Estas categorías e estratexias poranse en relación, á súa vez, con teorías e prácticas do feminismo e cues- tións de igualdade social e se contextualizarán coas obras e ideas de compositores e artistas da segun- da metade do século XX como entre outros Luigi Nono, Iannis Xenakis, Karlheinz Stockhausen, Alvin Lucier, Cornelius Cardew ou Christina Kubisch.

Unha das principais motivacións do relatorio é pro- por a idea de creación musical como investigación e reclamar o seu potencial de crítica social. Proponse a práctica artística como xerador de teoría e move- mento. Desde esta premisa o relatorio divídese en dous partes: Unha primeira sesión na que desde a análise, mostra e discusión dos traballos concretos da relatora e os mencionados compositores expo- ranse os conceptos e as diferentes estratexias en re- lación a espazo, material e estrutura, e a súa lectura social. Na segunda sesión convídase os asistentes

a discutir estas ideas. A dinámica de está segunda sesión será a de comentario en grupo por parte
dos asistentes de determinados textos propostos na primeira sesión. Devandito comentario pode
ser verbal ou en forma de creación artística desde calquera área da práctica artística. A segunda sesión estará tamén aberta aos asistentes para mostrar traballos da súa creación dentro de calquera ámbito da práctica artística que respondan as cuestións expostas neste relatorio ou a outras posibles novas cuestións que xurdan no transcurso das sesións.

Lula Romero

Lula Romero é titulada Superior de Composición, Profesional de piano, e Licenciada en Historia da arte pola Universidade de Sevilla e obtén a súa Master en Composición no Royal Conservatoire da Haia. Actualmente cursa os seus estudos de Doutoramen- to artístico en Composición na Doktoratsschule der Kunstuniversität Graz, Austria.

No seu traballo explora o fenómeno do espazo en relación coas categorías de mate- rial sonoro e estrutura en relación con teorías e prácticas feministas e de igualdade social.

Romero recibiu, entre outros premios, o GIGA-HERTZ Production prize 2014 do ZKM e EXPERIMENTALSTUDIO da SWR, o Kompositionsstipendium 2015 e 2012 do Senado de Berlin, o Berlin-Rheinsberger Kompositionspreis 2011, e a residencia de traballo no Deutsches Studienzentrum Venedig (Venicia) 2017 do Goberno Alemán. En 2017 foi elixida para un Portrait-CD do selo WERGO, na serie “Edition Zeitgenös- sische Musik” do Deutsches Musikrat. O CD publicarase a partir do 2019.

 

Sistemas Interactivos para Música

DR TYCHONAS MICHAILIDIS Southampton Solent University

OBRADOIRO (4 h. aprox.) Facultade de Belas Artes Espazo a determinar
Xoves 26 de outubro (tarde)

Este obradoiro presenta diversos métodos e téc- nicas para a captura e manipulación de datos para procesos de transformación de audio. En primeiro lugar introdúcense e explícanse os principios de interacción, deseño de interacción e práctica dixital creativa. Exploraremos tamén o rol da tecnoloxía nas prácticas creativas e as distintas modalidades
de interacción sensorial que existen na actualidade. Analizaremos como o hardware e software dispoñi- bles poden ser utilizados nun ámbito musical tanto a un nivel compositivo como interpretativo. Examina- remos dunha forma máis especí ca como capturar información de xestos e tecnoloxías sensoriais para o seu uso na transformación e control de son. Por último, exploraremos a utilización de aplicacións de aprendizaxe das máquinas para a transformación de son. Este obradoiro está destinado tanto a un públi- co xeral como a compositores e intérpretes intere- sados en sistemas de creación musical interactivos.

Tychonas Michailidis

Tychonas Michailidis e un compositor e intérprete de música electrónica nacido en Limassol, Chipre. Despois de estudiar piano de jazz nos Países Baixos trasládase a Cambridge, Reino Unido para obter unha licenciatura en música. Alí introduciuse na arte da composición tecnolóxica. Despois diso, trasladouse a Birmingham para cursar un Master en Artes Dixitais. Actualmente é doutor no Conservatorio de Birmingham. A súa investigación céntrase na interacción home-computadora e nas posibilidades hápticas baseadas na tecnoloxía de sensores e a transformación de son en tempo real. Na súa linguaxe sonora combina aspectos da música contemporánea cos medios dixitais transformados. Unha tendencia cara á simplicidade da expresividade musical equilibrada por elaborados cores sonoras. Actúa regularmente en Grecia, Chipre e o Reino Unido. En 2009 formou un grupo dúo co contrabajista Sebastiano Dessanay para realizar composicións orixinais e improvisacións utilizando diversas tecnoloxías de sensores. Tamén se mantén activo na composición para soporte xo onde explora as posibilidades de combinación de sons gravados e construídos. En 2006 a súa peza Lady De foi incluída na compilación Works 06 por Ampublishing. org. É membro da Asociación de Compositores de Música Electroacústica Helénica (HELMCA) en Grecia. Ademais, é nanciado polo proxecto Integra, un programa europeo dirixido polo Conservatorio de Birmingham, sobre temas técnicos, musicais e de so ware. É o asesor técnico do Avaton Music Festival.