Presentación

Jesús Coello é profesor por oposición da disciplina de música de cámara desde o ano 1999. É titulado superior de fagot e clarinete polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, diplomado poloConservatorio di Musica “Giuseppe Verdi”de Milán e estudou na ESMAE do Porto.

Obtivo o segundo premio do Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretese o terceiro premio no Quinto Concorso Musicale Europeo Città di Moncalieri.

Exerceu como ensinante na Escola Profissional de Música de Viana do Casteloe en ARTAVE. Responsable da área de música de cámara no Conservatorio Superior de Música da Coruñado 2000 ao 2008 e desde o 2011 á actualidade.

Relator no IV Congreso Internacional EducaRed, no I Congreso Nacional Internet en el Aula, mostra a súa experiencia no ámbito de Innovación da tarefa educativa no III Congreso de Redes de Innovación Educativa.