Presentación
Alejandra Pombo Su (Santiago de Compostela, A Coruña, 1979). Doutora en Belas Artes cunha tese sobre os paradoxos e efectos da introdución da noción de performance no campo da arte. O seu traballo artístico atópase na fronteira das artes visuais, o cinema e as artes en vivo para explorar o concepto de presenza a través de diferentes aproximacións. Actualmente, o seu traballo céntrase na realización de películas nas que xa non só experimenta o modo de realizalas senón tamén o modo de dalas a ver e unha achegamento á arte sonora centrada na exploración e o uso da voz en diferentes contextos.