RUÍDOS NA CAIXA NEGRA

O concepto de espacialidade na poiesis e praxis da música occidental evolucionou de maneira gradual. Así, dende a Antigüedade ata os nosos días, encontrámolo en diferentes técnicas de interpretación e estilos compositivos: nalgúns deles, como na salmodia antifonal e responsorial dos primeiros cantos cristiáns e no hoquetus e rondellus da polifonía medieval, en forma de espacialización sonora en abstracto; noutros, como na policoralidade da escola veneciana renacentista, no recoñecemento das posibilidades acústicas dun espazo concreto, neste caso a Basílica de San Marcos da cidade dos canais.

Partindo destas cuestións históricas e conectándoas coas prácticas máis actuais da música instrumental, electroacústica e arte sonora, a idea unificadora dos catro concertos presentados no X Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» é a de explorar e trascender as nocións habitualmente asociadas á relación música-espazo, para o cal contaremos cun marco arquitectónico tan especial como a Caixa Negra do MIHL.

Desta forma, cada unha das propostas plantexará diferentes perspectivas deste concepto: Estudos Coreográficos, unha exploración do movemento e xestualidade do percusionista; ChumA, unha experiencia de escoita meditativa e percepción sensorial nun espazo ritualizado a través da tecnoloxía; Smart-alineation, a interacción entre diferentes dimensións dos sons instrumentais, electrónicos e as videocreacións; e Un ruído estraño e sagrado, unha instalación escultórica, sonora e lumínica a partir dos instrumentos de percusión.

Diego Ventoso Fernández
Dirección artística e coordinación do ciclo

CONCERTOS
Sábado 2, 19h
ESTUDOS COREOGRÁFICOS
Miquel Bernat percusión

Sábado 9, 19h
UN RUIDO ESTRANO E SAGRADO
Vertixe Sonora cuarteto de percusións

Domingo 24, 19h
CHUMA
Vertixe Sonora

Sábado 30, 19h
SMART ALIENATION
Ensemble IXOR

CHARLAS DIDÁCTICAS
Sábado 2, 18h
ESTUDOS COREOGRÁFICOS
Miquel Bernat relator

 

Todas as actividades terán lugar no MIHL
Acceso libre ata completar o aforamento
Reserva previa de entradas en www.entradaslugo.es