UNIVERSOS

A existencia dunha afinidade entre elementos ontoloxicamente tan diferentes como a música e o universo resulta totalmente inverosímil baixo os métodos epistemolóxicos da nosa era. Sen embargo, ese curioso vínculo formou parte de distintas narrativas filosóficas na Antigüidade. De especial relevancia foron as desenvolvidas na Antiga Grecia, onde diferentes pensadores, utilizando suxerentes analoxías relacionadas có cosmos, desenvolveron elaborados razonamentos para lexitimar e validar os fundamentos dunha actividade tan enigmática e poderosa para eles como era a propia música.

Lonxe de quedar no esquecemento, a chamada «música das esferas» —concepto abstracto sen conexión co feito musical real— foi constantemente reformulada e sacada a colación por multitude de teóricos, músicos e astrónomos durante a Idade Media, podéndose encontrar aínda no pensamento cartesiano dalgunha das personalidades máis importantes do Século das Luces.

Partindo desta contextualización histórica, o XI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo «MIHLSons-XXI» presenta tres propostas caracterizadas pola busca dunha resignificación da relación música/universo máis aló do cosmolóxico no que a experiencia estética alcance outros ámbitos. Así, a creación de música electrónica en vivo de Iván Ferrer amosará novos matices psicolóxicos do filme Kurutta Ichipeiji, unha xoia do cine silente xaponés, mentres que Lightness de Pulso Ensemble ofrecerá unha experiencia inmersiva nada dunha reflexión acerca do impacto das novas tecnoloxías na sociedade actual. Finalmente, Universo Reich presentará a lexendaria peza Music for 18 Musicians do compositor norteamericano Steve Reich nun espectáculo que contará coa participación de máis de 100 estudantes de diferentes especialidades artísticas, dando forma así a un proxecto pedagóxico colaborativo dunha dimensión sen precedentes no ámbito educativo galego.

Diego Ventoso Fernández dirección artística e coordinación do ciclo

 

CONCERTOS
Martes, 11 de abril ás 20:00 h. – Auditorio Municipal Gustavo Freire
UNIVERSO REICH
Cardinais – Academia Internacional Vertixe Sonora
Grupo de Danza Contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Alumnado de 3º e 4º de Deseño de Interiores e Deseño Gráfico da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Sábado, 15 de abril ás 19:00 h. – MIHL
LIGHTNESS
Pulso Ensemble

Domingo, 16 de abril ás 19:00 h. – MIHL
KURUTTA ICHIPEIJI: CINE-CONCERTO
Iván Ferrer-Orozco

 

ENCONTRO DIDÁCTICO CON ESCOLARES
Martes, 11 de abril ás 12:00 h. – Auditorio Municipal Gustavo Freire
Javier María López proposta didáctica e presentación

 

CHARLA DIDÁCTICA
Sábado, 15 de abril ás 18:30 h. – MIHL
Pulso Ensemble, Diego Jiménez e Jorge Sequeiros relatores

 

Entradas de balde ata completar a cabida en www.entradaslugo.es