A MÚSICA CONTEMPORÁNEA MÁIS ALÓ DE OCCIDENTE

Na música de Hosokawa encóntrase unha rara combinación de música tradicional xaponesa e do modelo compositivo da vangarda musical alemana do período de posguerra. O seu discurso destaca pola coidadosa atención ó son, especialmente ó timbre, e polas intrusións sonoras inesperadas e audaces. Exprésase a través dun pensamento contemplativo no que destaca o silencio.” Carme Miró

Coa aparición a mediados do século XIX dos nacionalismos no romanticismo musical, infinidade de compositores encontraron na mistura entre a música tradicional dos seus países de orixe e a tradición centroeuropea a razón de ser da súa creación musical, deixando tras de si multitude de sendeiros polos cales outros seguiron investigando e profundizando na procura de acadar unha linguaxe persoal única e transcendente. Nun deses vieiros a medio camiño entre o redescubrimento das músicas máis ancestrais das súas culturas e as tendencias occidentais máis vangardistas é onde podemos encontrar ós compositores orientais xa clásicos da música contemporánea Toru Takemitsu e Isang Yun ou ó máis actual Toshio Hosokawa.

 “Estou a buscar unha nova forma de cultura e música espiritual xaponesa, a través da cal podo seguir sendo fiel a min mesmo e ás miñas orixes. Necesitamos examinar de novo o mundo occidental, máis coidadosamente, para que nos vexamos obxectivamente e para realmente coñecernos “. Toshio Hosokawa

Tras as dúas últimas edicións dedicadas á música contemporánea europea e americana e na procura de pechar o círculo desta ollada xeral ó panorama musical actual, o VI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” abordará a música contemporánea non occidental dende perspectivas tan diferentes coma as que cultivan hoxe en día compositores sudamericanos, persas ou do lonxano oriente, aportando ademais tres estreas mundiais . Para iso, esta edición contará coa participación da pianista iraní Aida Sigharian, da percusionista lucense Sabela Castro, do ensemble galego Vertixe Sonora, que presentará dous programas a cargo do seu pianista David Durán e o saxofonista Pablo Coello e un terceiro programa de cámara, ademais da participación do grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e do grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, nesta ocasión presentando o espectáculo “Orixes”.

Diego Ventoso Fernández

Dirección artística e coordinación do Ciclo

CONCERTOS

MARTES 3 DE ABRIL, 20:30h – MIHL
JAPANESE MEMORIES
Sabela Castro percusión

PROGRAMA
Toshio Hosokawa Sen VI (1993) multipercusión
Minoru Miki Time for Marimba (1968) marimba
Toshi Ichiyanagi The Source (1990) marimba
Miyuki Ito Fading Memories…(2000) marimba
Maki Ishii Thirteen Drums (1985) multipercusión

___________________________________________________________________________

MARTES 10 DE ABRIL, 20:30h – CASA DO SABER
INTERLINEAL: HOSOKAWA & BACH

VERTIXE SONORA
David Durán piano

PROGRAMA
Toshio Hosokawa Melodia II (1977)
Marcello/Bach Adagio BWV 974
Toshio Hosokawa Nacht Klänge (1994/96)
Toshio Hosokawa Etude III – Calligraphy, Haiku, 1 line (2013)
Bach/Arufe O Mensch, bewein dein Sünde groß, BWV 622
Toshio Hosokawa Etude IV – Ayatori, Magic by 2 hands, 3 lines (2013)
Bach/Cortot Aria (Largo) do Concerto en Fa maior BWV1056
Toshio Hosokawa Etude V – Anger (2013)
Bach/Kempff Siciliano da sonata de frauta nº 2 BWV 1031
Toshio Hosokawa Etude VI – Lied, Melody (2013)
Toshio Hosokawa Souvenir aus Japan –Sakura– (2007)

___________________________________________________________________________

MARTES 17 DE ABRIL, 20:30h – VELLO CÁRCERE
CORROSSION RESISTANCE

VERTIXE SONORA
Pablo Coello saxofóns / Iván Ferrer DJ (electrónica media jockey)

PROGRAMA
Camilo A. Méndez BURSTZTYN III Flexidra II (2015-16) saxofón barítono preparado
Juan Camilo Hernández Introspecciones móviles (2010) saxofón e electrónica
Macarena Rosmanich Un signo en tu sombra* (2017) saxofón soprano
Iván Ferrer Corrossion Resistence* (2017) saxofón baixo e DJ (electrónica media jockey)

*Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora

___________________________________________________________________________

XOVES 19 DE ABRIL, 20:30h – CASA DO SABER
MY HOUSE IS CLOUDY
Aida Sigharian piano

PROGRAMA
Sina Sadeghpour Doure Falak (2014)
Elnaz Seyedi Field of Times (2018)*
Alireza Farhang Dans l’hébétude (2014)
Fozié Majd For the Stars (1993) – I / II Hear me / III Suddenly a wind of sound / IV Synopsis of times begone / V
Mehdi Khayami Sellat (2011)

*Estrea absoluta

___________________________________________________________________________

MARTES 24 DE ABRIL, 20:30h – CASA DO SABER
OLLADAS PERIFÉRICAS 

VERTIXE SONORA
Pablo Coello saxofóns / Thomas Piel violonchelo / David Durán piano / Diego Ventoso percusión

PROGRAMA
Toshio Hosokawa “Für Walter” Arc-Song II  (2010) saxofón soprano, piano e percusión (ad lib.)
Alireza Farhang When I do count the clock that tells the time (2013) saxofón barítono, violonchelo, piano e percusión
Isang Yun Glissées (1970) violonchelo
Santiago Díez – Fischer Un Jardín Primitivo (2013) saxofón barítono, violonchelo e percusión
Miguel Farías Palettes (2013) saxofón barítono, violonchelo, piano e percusión

___________________________________________________________________________

ESPECTÁCULO DE MÚSICA E DANZA CONTEMPORÁNEA

XOVES 12 DE ABRIL, 18:30h e 20:30h – MIHL
ORIXES
Grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
Iñigo Barreiro, Pablo Carballeira, Óscar Carballo, Uxío Domínguez, César Fouce, José Luis León, Ismael Moeda, Brais Pérez, Pablo del Valle, Brais Vázquez e Martín Vázquez

Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Summon the Spirits: Lucía Álvarez, Alba Burón, Carlota Castro, Jesús Fágil, Laura Fernández, Ignacio Illán, Laura López, Marta Montes, Aroa Palmón, Laura Reboredo, Amparo Silva, Amparo Valcárcel e Carmen Gao Valcárcel
African Sketches: Laura Carreira, María Díaz, Elisabet Fernández, Aitana Fuentes, Carla Mosquera, Nuria Otero, Carlota Paz, Claudia Pérez, Claudia Pía, Helena Silva, Lucía Télez e Nahir Armada
Bell Plates: Lucía Baamonde, María José Pérez e Ana Rodríguez
Rítmicas 5 e 6 eThe Song of Queztecoatl: Irene Crespo, Teresa Delgado, Paloma Fernández, Carlota Gómez, Nerea López, Paula Martínez, Stephanía Orozco, Laura Xiao Ouro, Laura Pan, Lucía Baamonde*, María José Pérez* e Ana Rodríguez*(* Só Rítmicas 5 e 6)
Rhythm Song: Raquel Ameijide, Sandra Carreira, Carlota Criado, Carlota Díaz, Noa Fágil, Paula Fernández, Alicia García, Paula García, Cristina Pérez, Ariadna Sánchez, Lucía Tosar e Xián Varela
Sen VI e Lancaran Singa Nebah Pélog: Lucía Álvarez, Candela Díaz, Lucía Díaz, Ángela Gay, Serea López, Paula López, Carlota Pardo, María Rey, María Rodríguez e Paula Leonor Rodríguez

Silvia Victoria Eijo (The Song of Queztecoatl), Alba Felpete (Rhythm Song), Ana Belén Ferreiro (Summon the Spirits, Bell Plates e Sen VI), Reyes González (African Sketches) e Julia Penado (Rítmicas 5 e 6 e Lancaran Singa Nebah Pélog) coreografías

Diego Ventoso dirección musical

 PROGRAMA
Kevin Tuck Summon the Spirits (1998) cuarteto de percusión e danza
James Kent Williams African Sketches (1968) cuarteto de percusión e danza
Amadeo Roldán Rítmica 5 e 6 (1930) grupo de percusión e danza
Tradicional Java (adaptación: Brian Pfeifer) Lancaran Singa Nebah Pélog grupo de percusión e danza
Scott Lindroth Bell Plates (2002) multipercusión, electrónica e danza
Lou Harrison The Song of Queztecoatl (1941) cuarteto de percusión e danza
Paul Smadbeck Rhythm Song (1984) marimba e danza
Toshio Hosokawa Sen VI (1993) multipercusión e danza

___________________________________________________________________________

CONCERTO DIDÁCTICO PARA ESCOLARES

XOVES 12 DE ABRIL, 10:30h e 12:30h – MIHL
ORIXES
Fernando Buide proposta didáctica e presentación

___________________________________________________________________________

CLASE MAXISTRAL DE PERCUSIÓN
Martes, 3 de abril de 17:00 h. a 18:30 h. – Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes

O Repertorio japonés para percusión
Sabela Castro percusión

___________________________________________________________________________

ENTRADA DE BALDE ata completar aforo en todos os concertos. Para as dúas sesión do espectáculo “Orixes” haberá que recoller entradas no MIHL a partir do 3 de abril (2 por persoa)

CARTEL MIHLSons-XXI (2018)

TRÍPTICO MIHLSons-XXI (2018)