III Festival Vertixe Vigo 2015

Na procura do Sisili

Mércores 25 novembro, 13:45

Wednesday 25 November / 13:45H
Hall da ETSE Minas DA UVigo
Vigo

Sisili é o nome do río que situado ao norte de Ghana atravesa as praderías entre Wiasi e Yagaba para acadar as montañas do parque nacional Grosa.
O compositor galego Pablo Beltrán estrea aquí a súa viaxe nas marxes cambiantes do río Sisili e fusiona sons acústicos e materiais procesados electronicamente na procura dos catro elementos e a simbiose coa cultura africana.

Completan o programa dous clásicos contemporáneos para percusión: Silence must be! do belga Thierry de Mey e a espectacular Sen VI do xaponés Toshio Hosokawa.

PABLO BELTRÁN (1970, Barcelona) – Na procura do Sisili* (2015)
THIERRY DE MEY (1956, Bruxelas) – Silence must be! (2002)
TOSHIO HOSOKAWA (1955, Hiroshima, Xapón), Sen VI (1993)

*Estrea mundial

VERTIXE SONORA Vicent Grau percusión | Pablo Beltrán electrónica