III Festival Vertixe Vigo 2015
Alien 2015
concerto

Á espera

Alien Ensemble

Wednesday 4 November / 20:30H
Auditorio Martín Códax
Vigo

Comisionada a Sofia Gubaidulina (b. 1931) polo Rascher Saxophone Quartet e o Kroumata Percussion Ensemble, ambos baseados en Estocolmo, nesta peza a xenial compositora rusa formula diferentes solucións para integrar dúas agrupacións timbricamente contrastantes. O título provén da actitude de escoita experimental, sempre “á espera” —in Erwartung, en alemán— do resultado sonoro que resulta das distintas combinacións.

ALIEN ENSEMBLE supón a culminación dun esforzado traballo por coordinar e visibilizar o labor a prol da difusión da música contemporánea e a identificación da excelencia nos Conservatorios Profesionais e Superiores e as Escolas de Música de Galicia. En Á espera participan os Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña e foi coordinado polos mestres Pablo Coello e Vicent Grau. Colabora Ensemble Techné.

IXOR – cuarteto de saxofóns do CSM de A Coruña:  Moisés Barreiro, Jorge Fernández, Lucas Guzman, Manuel Piñeiro. Coordina Pablo Coello
ARDORA – grupo de percusión do CSM de Vigo: David Alonso, José Luís Rodríguez, Noelia Leite, Adrián Alonso, Noel de Dios, Blas Castañer. Coorinda Vicent Grau. Colabora Ensemble Techné