A retroalimentación nos procesos de creación sonora
LUC DOBËREINER
Vernes 30 setembro de 16:00 a 21:00 hrs. e sábado 1 de outubro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 hrs. Facultade de Belas Artes
Obradoiro
Duración: 12 horas
Idiomas: castelán/inglés
Prazas limitadas (dirixido con prioridade ao alumnado de doutoramento, máster e últimos cursos de grao) Inscricións na Secretaria do Decanato

Co patrocinio do Goethe Institut e o Berliner Senatskanzlei Kulturelle Angelegenheiten
Partindo do uso da retroalimentación nas súas propias composicións, o compositor Luc Dobëreiner plantexa un obradoiro so- bre a xeración de sons e timbres complexos baseada en estruturas auto-referenciais. Investigarase como simples redes de sinais poden dar orixe a estruturas impredicibles
e dinámicas, e como os espazos e os obxec- tos poden ser explorados usando a retroali- mentación. Por medio de exemplos simples mostraranse tres enfoques: 1. a retroalimen- tación no espazo, 2. a retroalimentación nun corpo ou instrumento e 3. a retroalimenta- ción puramente dixital. Devanditos enfoques exempli caranse por medio da análise e revisión de obras de varios compositores. O obradoiro inclúe unha introdución básica ao programa de código-aberto SuperCollider que será a ferramenta principal. Como parte do obradoiro os participantes desenvolve- rán e presentarán os seus propios proxectos. Non son precisos especiais coñecemen-
tos previos musicais ou informáticos.

Luc Döbereiner. Berlín, 1984
Compositor e investigador berlinés. Cursou estudos de licenciatura e mestrado
no Instituto de Sonoloxía da Haia e xo o seu doutoramento na Universidade de Música e Artes Dramáticas de Graz. O seu traballo trata a relación entre os aspectos materiais e os aspectos ideais do son na composición. O seu pensamento artístico confórmase na oscilación entre a teoría estética, o desenvolvemento tecnolóxico
e a praxe compositiva. Entre os seus profesores cóntanse Gerhard Eckel, Richard Barrett, Kees Tazelaar, Karlheinz Essl, Clarence Barlow, Konrad Boehmer e Paul Berg. Döbereiner publicou en revistas cientí cas como Acta Musicologica, Computer Music Journal, Contemporary Music Review e kunsttexte.de.
Recibiu premios e bolsas do Conservatorio Real da Haia, do Ministerio de Economía
e Investigación de Austria, de STEIM Amsterdam, do Senado de Cultura de Berlín e residencias en ROLDO Graz, ZKM Karlsruhe, Künstlerhaus Schleswig-Holstein e no Centro Tedesco dei Studi Veneziani. Traballou con ensembles como Unitedberlin, En- semble Werktag, Sond’Ar-te, International Ensemble Modern Academy e Modelo62. As súas composicións presentáronse en Alemaña, Austria, Suíza, Os Países Baixos, Portugal, España, Francia, Eslovenia e Os Estados Unidos.
http://www.doebereiner.org

Correspondencias
GERALD ECKERT

Martes 4 de outubro as 13:00 hrs. Espazo 16 Facultade de Belas Artes
Conferencia aberta
Co patrocinio do Goethe Institut

A conferencia de Gerald Eckert tratará as correspondencias entre estruturas musicais (elementos formais) e debuxos. Especialmen- te o concepto de textura e espazo na música e o concepto de estrutura e espazo nos seus propios debuxos. En particular, falará do seu ciclo coreano de debuxos en tinta, creado nos anos 2012/13. Os debuxos de tinta dese ciclo son principalmente collages. Sobre a base destes exemplos é posible mostrar a «fun- ción» do espazo e a súa relación coas estrutu- ras formais. Tamén algúns elementos da súa música serán ilustrados na mesma dirección.

Gerald Eckert. Nuremberg, 1960
Estuda violoncello e dirección. Posteriormente cursará Matemáticas en Erlangen e, de 1989 a 1995, Composición, primeiro con Wilfried Jentzsch e Walter Zimmer- mann, e despois con Nicolaus A. Huber, e por último Composición Electroacústica con Dirk Reith na Folkwang-Hochschule de Essen.
Asistiu a cursos de composición con Brian Ferneyhough e Jonathan Harvey. Entre 1996 e 1997, pasou un ano como investigador no CCRMA de Stanford University nos Estados Unidos. En 1998, foi profesor no Curso Internacional de Verán para a Nova Música de Darmstadt e no Festival Akiyoshidai no Xapón. En 2000-2001 foi profesor convidado de Composición e Arquitectura na Technische Universität Darmstadt.

En 1995 recibiu unha bolsa da Fondation Royaumont (Francia) e en 1999 unha bolsa da Heinrich-Strobel-Fondation. Foi compositor en residencia nos Tage für Neue Musik de Zúric en 2006. Ademais, desenvolveu unha variedade de proxectos multimedia con danza, vídeo e instalacións interactivas, como, por exemplo, a Dance project co bailarín e coreógrafo Mikael Honesseau en 2011.

Gerald Eckert recibiu numerosos premios e galardóns, entre eles o Premio C. Gul- benkian (Lisboa, 1993), o Premio Kranichstein (Darmstadt, 1996), primeiro premio en Bourges 2003, primeiro premio no Concurso de Composición de Stuttgart 2005 e bolsas para o Centro Tedesco en Venecia 2006, Schreyahn 2009, Villa Aurora
(Os Ánxeles, 2010), Villa Serpentara (Olevano Romano, Roma, 2010), Künstlerhaus Lukasen (Ahrenshoop, 2013) e un segundo premio do Festivals SYNC (Yekaterinburg, Russia, 2015).

En 2013 a editorial Wolke publica un monográ co co título An dean Rändern deas Maßé – der Komponist Gerald Eckert (Nos límites da dimensión – o compositor Gerald Eckert).

Desde 1989 traballa nas súas propias pinturas e organizou unha serie de exposicións e instalacións desde 1994. En 1995, 2006 e 2014 publicou relevantes catálogos.

Gerald Eckert é cofundador dos festivais Chi ren (Kiel, 2006) e ProvinzLärm (Eckern- foerde 2007, 2009, 2011, 2013 e 2015). De 2012 a 2014, Gerald Eckert foi profesor de Composición na Chung-Ang University en Seúl (Campus Anseong, Corea do Sur).
http://www.geraldeckert.com


Creatividade Sonora
MICHELLE AGNES

Mércores 12 de 12:00 a 14:00 hrs. e xoves 13 de outubro de 10:00 a 14:00 hrs
Facultade de Belas Artes
Obradoiro
Duración: 6 horas
Idiomas: portugués/francés/inglés
Prazas limitadas. Inscricións na Secretaria do Decanato. Co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Este obradoiro ten como obxectivo introdu- cir á experiencia da creación sonora. Centra- rémonos en tres aspectos que están profun- damente conectados na praxe musical :
1. Escoitar sons, a imaxinación 2. Son, soar
3. Facer.
Tamén explicará o proceso de crea- ción da súa nova para intérprete, lu- vas, obxectos e electrónica que es- treará Vertixe Sonora no 2017
O obradoiro terá un enfoque prácti- co: facer música a través de activida- des baseadas na percepción musical, a discusión en grupo e a improvisación colectiva libre. Non se precisan espe- ciais coñecementos musicais previos.

Michelle Agnes Magalhaes.Campo Grande, Brasil. 1979
Doutoramento pola Universidade de Sao Paulo (USP, Brasil), e mestrado da Universi- dade de Campinas (UNICAMP, Brasil).
A súa formación musical comezou á idade de seis anos, estudando piano na súa cida- de natal. Desde entón, o piano xogou un papel crave no seu desenvolvemento como música, improvisadora e compositora. O seu primeiro profesor de composición foi H. J. Koellreutter, no 1994. Continuou estudos na Universidade de Campinas, con José Antonio de Almeida Prado, Livio Tragtenberg e José Augusto Mannis.
No 2003, despois de obter a súa licenciatura en composición, outorgóuselle a bolsa Unesco-Aschberg para artistas novos. Traballou como compositora en residencia
no IMEB (Instituto Internacional de Música Electroacoustique de Bourges, Francia), con Françoise Barrière, Christian Clozier e Alexander Mihalic. Entre 2009-2011 xo moitos concertos de improvisación libre co Colectivo Abaetetuba (Thomas Rohrer e Panda Gianfratti). No mesmo periodo comeza a tocar en dúo co baixista Celio Barros.
http://michelleagnes.net

sndtrck
EDUARDO MOGUILLANSKY

Mércores 2 11:00 14:00 hrs e Xoves 3 de Novembro 10:00 a 15:00 Espazo 25
Facultade de Belas Artes
Obradoiro
Duración: 8 horas
Idiomas: español/alemán/inglés
Prazas limitadas. Inscricións na Secretaria do Decanato.

Obradoiro sobre paisaxe sonora / tradución onde Eduardo Moguillansky exporá a ma- quinaria utilizada para a súa obra SNDTRCK e os fenómenos acústicos sobre os cales se fundamenta a súa investigación. Ademáis mostrará outros enfoques en relación á idea de transcripción no ámbito da creación sono- ra contemporánea. En función da cantidade de participantes proporánse ademáis activi- dades concretas sobre o tema «resíntese»:
– Transcripción musical por computador de sons complexos. Introducción ao sof- tware «sndtrck» (creado polo compositor).
– Control en tempo real dun piano midi como instrumento de resíntese de lin- guaxe (similar ao dispositivo utilizado por Peter Ablinger en numerosas obras).

Eduardo Moguillansky. Bos Aires, Arxentina, 1977
Estudou piano con Aldo Antognazzi e Composición e Dirección Orquestral na Univer- sidade Católica Arxentina. Continuou estudando dirección na Universität Mozarteum Salzburg con Dennis Russel Davies e Jorge Rotter. Logo continuo os seus estudos de composición na Musikhochschule Suttgart con Marco Stroppa e en Frankfurt con Beat Furrer.

Moguillansky recibiu numerosos premios e estipendios. Entre eles: Premio de Compo- sición da Südwestrundfunk Orchester, Premio Bärenreiter, Impuls Kompositionswe- ttbewerb (Viena), Premio Intersonanzen de Brandemburg, Premio de Composición
de Ópera Fux (Graz), Forum Jeune Creation. Recibiu bolsas da Akademie Schloss Solitude, Herrenhaus Edenkoben, Künstlerhof Schreyahn, Fundación Antorchas e dos Darmstädter Ferienkurse.

Recibiu encomendas de institucións e festivais como os Donaueschinger Musik- tage, Klangforum Wien, Ernst von Siemens Musiksti ung, Wittener Tage für Neue Kammermusik, MaerzMusik, Ultraschall Berlin, Musica Viva (Munich), Acht Brücken (Colonia), Biennales Musiques en Scène (Lyon), Outono en Varsovia. Ademáis as súas obras foron programadas en festivais como Wien Modern, os Cursos de Verán de Darmstadt, Aix-en-Provence, Gaudeamus, Music of Estafe (Finnland), e nos abonos do Klangforum Wien, do Ensemble Mosaik (Berlin) e do Ensemble Modern (Frankfurt), entre outros.

A súa música foi levada a CD polo Ensemble Modern (EM-CD), o Ensemble Mosaik (Wergo, Deutschland RadioKultur) e o Klangforum Wien (NEOS).
http://www.moguillansky.info