Ponse en marcha a 5a edición do curso AGUZAR O OÍDO, no marco do Programa para maiores da UVigo. Proposta de divulgación de música contemporánea e arte sonora. Nesta ocasión, e no contexto do VI Festival Vertixe Sonora, o curso consiste en nove charlas previas a cada un dos concertos do Festival. Inclúen charlas de divulgación e encontros cos artistas.

As sesións comezarán 45 minutos antes de cada concerto no espazo correspondente e terán unha duración de 30 minutos.

Entrada gratuíta até completar capacidade.

Diversos espazos, consultar programa

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario