Liminaris
Compañía Músicas Abiertas
A complexidade do cerebro humano e o asombro ante o misterio da orixe da vida, músicas electrónicas no derradeiro paso previo que antecede ao desenlace do Vertixe 11. Unha viaxe auditiva profunda de sons hipnóticos e ritmos pulsantes que representan a actividade neuronal e a sinapse cerebral. Estaremos todos os seres vivos químicamente interconectados? Dúas estreas mundiais: Brain 1 de Antony Maubert e Edu Cortina; e Momento 0.3 de Edith Alonso e Elena Juárez.
BRAIN 1* Antony Maubert, composición electrónica. Edu Cortina, video.
MOMENTO 0.3* Edith Alonso, composición electrónica. Elena Juárez, video.
*Estrea mundial
BRAIN 1. (Antony Maubert, Edu Cortina 2023)
Brain é unha obra musical electrónica con video que explora a complexidade do cerebro humano. Combina elementos de música experimental, ambiental e rítmica para sumerxir ao oínte nunha viaxe auditiva profunda. A través de sons hipnóticos e ritmos pulsantes, representa a actividades neuronal e a sinapse cerebral. A narrativa musical evoluciona desde momentos de introspección ata un clímax de tensión e ruptura.
MOMENTO 0.3. (Edith Alonso. Elena Juárez, 2023)
Momento 0.3 xorde do asombro ante o misterio da orixe da vida. Ese instante no que a materia inorgánica pasou a ser materia orgánica. Máis alá dunha serie de reaccións químicas quizá debeu ocurrir algo máxico que fai que todos os seres vivos esteamos interconectados.
COMPAÑÍA MÚSICAS ABIERTAS Edith Alonso electrónica | Elena Juárez vídeo | Sebastián Yepes difusión electrónica