Subliñando a capacidade da música para activarnos e poñernos en relación en Latexos 20 medimos as pulsacións do mundo reflexionando sobre a conexión coa natureza e os cambios nos modos de habitar o territorio a través da experimentación sonora e a exploración emocional coa música. Porque a emerxencia climática e social obriga a facernos comunicables sen perder independencia, criterio, rigor ou agudeza contribuindo á cohesión social a través do arte. Sons que nos chaman, indagan, vinculan, transforman… conscentes da nosa inmensa vulnerabilidade, da nosa estrema dependencia. Músicas que nos elevan con ousadía sobre a apremiante realidade aceirando unha cohesión social devastada, forzando á reflexión sobor de inaceptables certezas. En Latexos 20 convidamos ao noso público a desplazarse e compartillar experiencias sonoras que nos fan vibrar. Serán seis programas especialmente seleccionados.

Comezamos o domingo 18 de outubro en San Domingos de Tui. Dirixido polo mestre Pedro Figueiredo, MIRA ATRÁS NO TEMPO CON OLLOS AMÁBEIS inclúe, ademáis da obra de Lin-Ni Liao, composicións de Juan Pablo Carreño (Colombia, 1978), Pablo Vergara (Chile, 1980), Severin Dornier (Alemania) e Il-Woong Seo (Corea do Sur). Un programa de música internacional co que afondaremos na profunda tenrura e humanidade de Emily Dickinson, delectarémonos no xogo de reflexos e borboteos da auga, da luz e da escuridade, asomaremos aos abismos de Kafka, e viaxaremos ate Colombia para asistir a un funeral en  San Basilio del Palenque, nas faldas dos montes de María, no departamento de Bolívar. Un programa con catro estreas mundiais que xunto a AS COLAS DO COMETA e DERIVATIÓN conforma o tríptico EN RUTA, proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo que visibiliza o camiño portugués e ás mulleres creadoras que o percorreron e o transitan. Xuntos pasado, presente e futuro. Fraternidade e festexo pola reapertura dun espazo transfronteirizo que relanza a cooperación bilateral e a visión común compartida.

O mércores 28 de outubro na Igrexa de Santa María en O Viso de Redondela, Angélica V. Salvi, residente en Porto, interpretará en estrea mundial obras de Huihui Cheng (Wu-Chang, China, 1985), María José Belenguer (Castellón, 1983) e Liao Lin-Ni (Taiwan, 1977), esta última un dúo para percusión e arpa. E ademáis, Spin bird de Kate Moore (Oxfordshire, England, 1979)  e un traballo da súa autoría, Índigo (2020), para arpa e pedais de efectos inluida no seu derradeiro disco PHANTONE. O proxecto denomínase AS COLAS DO COMETA e mestura Emily Dickinson, variacións lumínicas, cometas e pó de estrelas.

Cambiamos de provincia e trasladámonos a Lugo onde asistiremos a exploración de música e danza que terá lugar o venres, 4 de decembro ás 20:30 h. no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Javier Martín e Vertixe Sonora inician BRUMARIO no 2018 como un ”proxecto de investigación e creación en código aberto” que parte do “concepto de vibración como lugar que atravesa e conforma ambas disciplinas”.  O compositor Ramón Souto coa colaboración especial do artista visual Ignacio Barcia e o iluminador Octavio Mas incorpóranse ao proxecto no 2020 para crear un proxecto escénico de carácter híbrido que continuará a desenvolverse nas súas diferentes presentacións oscilando entre a performance, o concerto e a instalación. Coincidente co paso do Sol por Escorpio –entre o 22, 23 ou 24 de outubro e o 20, 21 ou 22 de novembro, segundo o ano– e proposto por Fabre d’Églantine para referirse ás “brétemas e brumas baixas transudación da natureza de outubro en novembro” Brumario (en francés Brumaire) é tamén o nome do segundo mes do calendario republicano francés. O 18 de brumario do ano XVIII (o 9 de novembro de 1799) Napoleón deu o golpe de estado que marca o final da Revolución francesa.

O venres, 11 de decembro, 20:30 h. no MIHL María Mogas e Clara Saleiro presentan IMPULSOS, con música para frauta e acordeón de Hyunkyung Lim Windbrücke (2000), Weiwei Xu icy (2018), Toshio Hosokawa Bird Fragments III (1990), Nuria Nuñez Hierro Der rote Faden II (2012), Pedro Berardinelli para por (2019) e Keiko Harada Third Ear Deaf IIb (2003)

O derradeiro concerto, DERIVATIÓN, o sábado 19 de decembro no Centro Recreativo e Cultural de Torroso en Mos. Unha conversa de saxofón e percusión coa obra de María Teresa Treccozzi (Italia, 1979) á fronte. Inclúe dúas novas composicións escritas en exclusiva para esta formación: Contracolpo de Fernando Garnero (Arxentina, 1976) e o novo traballo de Joâo Quintero (Portugal) Canção I – “I Ascolta”. I touch what I cannot quite reach… (2019) obxectos sonoros, caixas e sombras de Heather B. Frasch (Estados Unidos, 1980) completa o programa.

Os concertos compleranse con actividades de dinamización e formación cos máis xóvenes

Latexos 20 é unha actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura e Deporte.


Todos os concertos e actividades teñen entrada gratuita previa inscrición telemática con compromiso de asistencia a través da páxina oficial de vertixe sonora e reserva dun máximo de 5 entradas por persoa ata cubrir aforamentos. Debido á pandemia COVID-19, o festival adoptou as seguintes medidas para garantir a súa seguranza:

  1. Chegada á sala 20 minutos antes da hora marcada de inicio do concerto para axilizar o proceso de entrada.
  2. Distanciamento social. Non hai lugar marcado, seralle atribuído á entrada da sala, por orde de chegada, mediante indicación de persoal identificado.
  3. Uso obrigatorio de máscara durante todo o evento.
  4. Hixiene de mans, limpeza en alfombra desinfectante e toma de temperatura na entrada ao edificio. En caso de necesitar apoio, por favor, contacte co asistente de sala.
  5. Finalizada a actividade espere no seu asento as indicacións do persoal de sala que regulará a saída escalonada.

CONCERTOS. Entrada libre previa inscrición telemática até completar aforamento

domingo 18.10, 18.30h | Igrexa San Domingos de Tui
MIRA ATRÁS NO TEMPO CON OLLOS AMÁBEIS*

mércores 28.10, 20.30h | Igrexa de Santa María en O Viso, Redondela
AS COLAS DO COMETA*

Venres, 4 de decembro, 20:30 h. | Auditorio Municipal Gustavo Freire
BRUMARIO

Venres, 11 de decembro, 20:30 h. | MIHL
IMPULSOS

Sábado 19.12, 20.30h |  Centro Recreativo e Cultural de Torroso, Mos
DERIVATIÓN*

*EN RUTA. Proxecto beneficiario do programa O teu xacobeo.


EN PARALELO. Actividades de dinamización

Varias datas e espazos da comunidade
INTERACCIÓNS
Accións sonoras co alumnado de centros educativos da contorna. Programa de actividades e datas pendente de actualización por mor da COVID-19

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario