Latexos 23

Vertixe Dixital

Sunday 29 October / 18:00H
Entrada 0 do Museo. Hall de tirantes. Cidade da Cultura
Santiago de Compostela

Presentación do novo fondo documental en aberto para investigación, creación, innovación educativa e ensino artístico deseñado por Vertixe Sonora. Unha reservorio de contidos dixitais que da acceso a máis de cincocentas entradas xeradas dende a súa fundación que inclúe gravacións, concertos, óperas, entrevistas, documentarios, artigos, ensaios, fotografías, partituras, etc. relacionadas coa creación sonora contemporánea e con experiencias interdisciplinares e multimedia que abranguen tódalas artes e de xeito especial as artes visuais e a danza. Un proposta pedagóxico colaborativa interdisciplinar e intercentros participada por docentes de tódolos niveis educativos do Ensino Galego: Educación Infantil, Ensino Primario, Educación Secundaria… e de xeito preferente do ámbito das Ensinanzas Artísticas de Réxime Especial e as Universidades Galegas. Unha ferramenta en continua expansión indispensable para coñecer e explorar a actualidade da investigación sonora internacional.

Coa participación de Ignacio Barcia e David Durán

 

 

 

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña