Latexos 23
Ópera de cámara

INSOMNIA

Tuesday 27 June / 20:30H / 1H
0€
Teatro Principal - XMC 2023
Santiago de Compostela

El fin de la raza humana,
un destino merecido,
pero igualmente doloroso.
ChatGPT

 

Concepto, música, imaxes, textos: Oscar Carmona
(en colaboración con ChatGPT e outras intelixencias artificiais…)

Insomnia é un espectáculo musical, unha ópera contemporánea sobre a nosa condición actual de sometimento a algoritmos que nos encerran en mundos ficticios e nos afastan de calquera conexión coa realidade. O torrente de información ao que estamos sometidos coas redes sociais é a nosa droga diaria, o soma moderno que aumenta o ruído interior dos nosos pensamentos. Os algoritmos de intelixencia artificial deciden por nós e dan forma.

Sobre o escenario, un suxeito-músico acuartelado nun espazo baleiro (unha personaxe?). Acompáñanlle só algúns obxectos que dan conta do noso mundo virtual: pantallas, teléfonos, gravadoras, unha cámara, un proxector. Os demais músicos -protagonistas e ao mesmo tempo espectadores- interactúan con el de diferentes xeitos ao longo da obra.

A proposta visual, sinxela pero eficaz, serve como territorio físico pero tamén metafórico do suxeito no escenario. Pantasmas do presente, do pasado, do futuro apoderan da súa mente, a última trincheira por conquistar.

Como argumento poderiamos supoñer que un suxeito solitario, encerrado no seu cuarto, trata de sobrevivir a unha sucesión interminable de noites sen durmir provocadas pola interacción coas redes sociais. No seu delirio, realiza accións sen sentido mentres grava e carga vídeos a tiktok sen conseguir ningún “gústame” ou seguidores. Así, secuestrado polos algoritmos e seducido polas intelixencias artificiais que o acompañan, convéncese de que toda a existencia non é máis que unha gran ficción, unha xigantesca conspiración e que el…

Óscar Carmona, 2023

 

Óscar Carmona (Chile1975)
Insomnia (electronic opera) [EM]
Ópera electrónica

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU


VERTIXE SONORA
Voz: Enrique Martínez
Saxofón: Pablo Coello
Teclados/sintetizadores: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
Sonorización: Iván Ferrer-Orozco
Electrónica en vivo: Óscar Carmona