LATEXOS 21
Concerto

Murmurio no solpor

Felipe de Almeida Ribeiro, Federico Núñez, Jeremías Iturra, Juan Camilo Hernández, Hugo Gómez-Chao

domingo 28 marzo / 19:00H
Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
Lugo

O voo milimétricamente sincronizado de miles de chirlomirlos é un espectáculo extremadamente fermoso que ás veces pode resultar aterrador. Un murmurio que coma un sol negro e dinámico toma o solpor para formar un paxaro xigante como o mítico simurg. O chirlomirlo, o estorniño común (Sturnus vulgaris) foi descrito por primeira vez en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Charles Linnaeus) no seu Systema naturæ.

Se as manobras do estorniño teñen unha complexidade abraiante os procesos subxacentes aínda son un misterio. Desenvolvido por un superorganismo da complexidade da información integrada… está formado por un rabaño de millóns ou por un só organismo?

Para estudar este movemento coordinado Craig Reynolds deseñou o flocking, un modelo computacional que recrea o comportamento colectivo de aves, insectos e peixes, entre outros. Das súas observacións establecéronse tres regras básicas: primeira, as entidades manteñen unha separación mínima de veciñanza; segunda, a dirección do grupo é a media total dos veciños; e terceira as entidades mantéñense xuntas (non superan unha separación máxima). Malia ao que poderiamos pensar, neste fenómeno non hai líderes, pero os patróns colectivos de afluencia xorden das interaccións locais entre individuos de tal xeito que a información se estenden dilixentemente polo grupo.

As conclusións de Craig Reynolds cecáis sexan aplicables ao estudo doutras formas de intelixencia colectiva, como no caso dos humanos. Por poñer un exemplo: que pasa cos contextos de creación musical contemporánea e experimental? Poderíamos contemplar os movementos e as interaccións dos distintos integrantes e colectivos que conforman as entidades de desenvolvemento na música actual coma os dun superorganismo de asombrosa complexidade tal e como acontece no caso dos chirlomirlos?

Este concerto que presenta cinco estreas mundiais de compositores de países iberoamericanos (Brasil, Arxentina, Chile, Colombia, España) pode ser unha magnífica oportunidade para testalo.

Felipe de Almeida Ribeiro (Brasil, 1980) Earthshine * (2020)
Federico Núñez (Arxentina, 1976) Murmurio no solpor ** (2020)
Jeremías Iturra (1) (Chile, 1983) Arquitectura de la Transparencia** (2021)
Juan Camilo Hernández (1) (Colombia, 1982) Caos no tiene plural ** (2021)
Hugo Gómez-Chao (España, 1995) Leçon de ténèbres ** (2021)

*Estrea absoluta. Colaboración con Mixtur
**Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora

(1) Co apoio financeiro da SACEM, “Société des auteurs, compositeurs et éditeurs de musique” (Francia) para a encomenda, composición, produción e interpretación.

VERTIXE SONORA
Hugo Gómez-Chao, director
Adriana Aranda soprano | Clara Saleiro frauta | Jorge López clarinete | Pablo Coello saxofón |  Jesús Coello fagot | Mario Peris, Anca Smeu violín | Cristina Santos viola | Thomas Piel violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | David Durán piano | Diego Ventoso percusión | Ángel Faraldo electrónica

 

Earthshine
Earthshine é unha obra-xogo improvisativa, escrita especialmente para Vertixe Sonora. Baixo a batuta do director, pero a través da perspectiva dos altofalantes, esta peza básase nunha longa pesquisa sobre os temas da soidade, dos soños e da consciencia na poesia de Fernando Pessoa, unha grande influencia nas miñas obras. Estes conceptos son largamente explorados na súa poesia, especialmente ao escribila frequentemente baixo pseudónimos. E tal como nun soño, Earthshine é unha viaxe pola poesia de Pessoa, particularmente no seu poema “Não tenho pressa: não a têm o sol e a lua” escrito baixo o pseudónimo Alberto Caeiro. Esta peza é unha elexía às forzas da galaxia, aos longos e aparentemente parados movementos do sol e da lua.

Subsequentemente, Earthshine non é linear, pero ten o músico electrónico como o seu principal guardián do tempo.

Felipe de Almeida Ribeiro, 2021

 

Murmullo en el ocaso
“De acuerdo a la creencia de los aztecas – mexicas, el mictlán hace referencia al recorrido que deben realizar las almas en los nueve niveles del inframundo para alcanzar su destino final. De este modo, la obra recrea la cosmovisión mesoamericana a través de un viaje imaginario y sensorial por el inframundo donde el espectador se encuentra finalmente ante los amos de este territorio mitológico, Mictlantecuhtli y Mictecacíhuatl, señor y señora de la muerte.

Federico Núñez, 2021

 

Arquitectura de la Transparencia
“Esta obra toma como punto de referencia el trabajo del cineasta ruso Serguéi Eisenstein. Sobre todo en relación al marco teórico que desarrolló sobre la técnica de “montaje” como elemento inherente al fenómeno cinematográfico. Eisenstein propone cinco tipos de montajes: métrico, rítmico, tonal, harmónico e intelectual. En todos ellos la dimensión “musical” está presente como algo propio a un espacio conceptual común (color, ritmo, textura, relieve). De esta manera, traté de aplicar en el plano sonoro ciertos modelos o “gestos” cinematográficos para ver cuáles serían las implicancias morfológicas que afectarían al material sonoro. La obra está construida sobre la base de un “montaje” de “plano secuencias” , que no se limitan a un montaje temporal-lineal, sino que explora al mismo tiempo diferentes dimensiones de verticalidad instrumental, gestual y tímbrica”

Jeremías Iturra, 2021

 

Caos no tiene plural
“Esta obra es una especie de palimpsesto de la obra anterior, las melodías proliferaron caóticamente por anamorfosis y convoluciones. Esta obra es como un diario de recopilación de materiales encontrados, un diario que refleja contexto que nos absorbe, el piroceno que nos consume, el redoblante que resuena en medio de una marcha de protesta, los rugidos policíacos que nos reprimen y nos asfixian. Pero como decían lxs del grupo “Rumbo”: el corazón no quiere entonar más retiradas. Por esta razón algo de fiesta, de agua y de aire también escuchará el estimado público”

Juan Camilo Hernández, 2021

 

Leçon de ténèbres
Leçon de ténèbres explora un espazo ás escuras, un conxunto de instrumentos que crear ese espazo e a oscuridade que o cubre: un escenario invisible que permite que unha voz poida nacer desa escuridade, que poida resoar e encontrar outros corpos que resoen con ela; que a fagan esforzarse por situarse en primeiro plano, sair de entre as tebras e revelarse a un mundo que sóamente existe no ouvdo. A través dunha transformación constante do espectro armónico, un conxunto de moitas líneas microtonais conforman unha secuencia infinita na que a voz canta fragmentos de melodías, glissandos que non conducen a ningunha parte, partes inconexas dun discurso que vai avanzando hacia o silencio.»

Hugo Gómez-Chao, 2021

 

Proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo

 

 

 

Actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura e Deporte

 

Colaboradores