I Do Audible 2013
Charla-concerto

Ouvir o espazo

Vertixe Sonor con Alfredo Sirvent (arquitecto) e Emilio Lede (musicólogo)

Wednesday 13 November / 20:00H
Casa do Saber
Lugo

Coa participación do musicólogo Emilio Lede e do arquitecto Alfredo Sirvent

Luigi Nono escribía no seu ensaio De outras posibilidades de escoita (1985): “Partimos do son. De que é o son. De cómo calificar o son. De como facer reverberar o son. De como o espazo compón o son. De cómo o espazo intervén na transformación do son. De como o son sucede no espazo, precisamente na dimensión combinatoria dos diferentes sons segundo as diferentes tipoloxías de espazo”
Grandes autores coetáneos como Xenakis, Stockhausen, Boulez ou Lucier, considerarán cruciais aspectos como a proxección, a resonancia ou a reverberación. Para moitos creadores actuais da orfebrería espacial de sons movéndose en sistemas multicanle ou dos efectos de inmersión sonora abrolla un golpe de sentido capaz de totalizar o discurso.

Este programa contará coa participación do arquitecto Alfredo Sirvent, que abordará un tema tan interesante como a configuración arquitectónica dos espazos de recepción da música. Ademais, entre música e arquitectura danse paralelismos como un vocabulario compartido: plano, ritmo, estrutura, eixo ou emprego de ferramentas de cálculo matemático. Definitivamente, ambas disciplinas parecen destinadas a entenderse.

Programa
Manuel Rodríguez Valenzuela (Valencia, 1976) 24 (2013): cello amplificado acusticamente e piano a 10 mans
Ianni Xenakis(Braila, Grecia 1922-París 2001)Rebonds (1987-1989): percusión só
Ramón Souto (Vigo, 1976) Durban (2013): saxofón baixo, guitarra eléctrica, cello, piano, percusión e proxectos de feedback. Deseño música por ordenador e electrónica en vivo: Instituto Galego de Sonoloxía, Ángel Faraldo

VERTIXE SONORA
Pablo Coello saxofón baixo/ Thomas Piel violonchelo/ Rubén Barros guitarra eléctrica/ Diego Ventoso percusión/ David Durán, Haruna Takebe piano/ Ángel Faraldo difusión do son

Sobre os compositores e as obras:
24. Manuel Rodríguez Valenzuela (Valencia, 1976) compón actualmente para o Ensemble Intercontemporain de París tras colaborar con diversas formacións europeas e este ano está a aproveitar unha bolsa de residencia na Künstlerhaus Schloss Wiespersdorf de Brandenburgo (Alemaña). Na peza 24 cinco sección e cinco intérpretes sobre un piano, cos conseguintes conflitos de uso do espazo.

Rebonds. Ianni Xenakis (Braila, Grecia 1922-París 2001) está recoñecido como un dos compositores da vangarda de posguerra máis relevantes, pioneiro no uso de modelos matemáticos na música. Tamén exerceu como arquitecto, colaborando con Le Corbusier en Saint Marie da Tourette. Rebonds (1987-1989) é unha das obras contemporáneas clásicas para percusión solistas. Consta de dúas partes, A e B cuxa orde de interpretación non está determinada e o título reflicte a idea construtiva da obra: figuracións semellantes a rebotes dun impulso inicial. Xenakis utilizou os conceptos matemáticos da sección aúrea na composición dos dous movementos contrastantes nos que está dividida a peza.

Durban.Ramón Souto (Vigo, 1976) é o director artístico da Vertixe Sonora Ensemble desde 2010, dous anos despois de recibir a mención de honra na Ossia International Composition Competition en Nova York. Durban (2013) é, como apunta o seu título, unha obra que percorre a cidade e reflexiona sobre arte, cidadanía e espazo público. Durban é un convite á exploración e á escoita nas contornas urbanas. A peza foi estreada o pasado mes de marzo en Madrid dentro do Festival Son, que organizan a Fundación Cajamadrid e La Casa Encendida.