Outros concertos e actividades 2016
Live performance

Madness and Other Tales, 2016

Friday 19 February / 20:30H
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Vigo

Madness and Other Tales, 2016  [Loucura e outros relatos, 2016]
Unha performance de Grace Schwindt
Estrea mundial: 19 Febreiro 2016, 20.30 h
Con Vertixe Sonora Ensemble e Lisa Cassidy
Producida por MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Madness and Other Tales, 2016  [Loucura e outros relatos, 2016] forma parte da exposición Run a Home, Build a Town, Lead a Revolution. An Exhibition in Three Acts [Levar unha casa, construír unha cidade, liderar unha revolución. Unha exposición en tres actos] da artista xermana Grace Schwindt.

Schwindt parte do impacto que a industria petroleira tivo na modificación do noso entorno e formula unha reflexión sobre a maxia, as crenzas ou o capitalismo como formas de organización social. A relación entre capitalismo e moral, a fantasía da inmortalidade, a representación do corpo despoxado dos roles de xénero, o mar como espazo político e idealizado, e a alusión a mundos que existen máis aló da morte son algunhas das narrativas que conflúeen na exposición, cuxo título xorde da investigación sobre a representación da muller no folclore e, máis concretamente, nas lendas sobre a ‘Moura’, figura fundamental da tradición galega e portuguesa que, aínda que posúe poderes sobrenaturais que lle permiten construír megalitos, será incapaz de liderar unha revolución.

Non resulta doado enmarcar o traballo de Grace Schwindt (Alemaña, 1979) nunha soa categoría, pero tampouco deberiamos pretender facelo porque a súa obra intenta, precisamente, cuestionar a sistematización ou estandarización que rexe a sociedade moderna. A través dos seus filmes, performances, debuxos, esculturas e textos, Schwindt analiza o papel que xogan os corpos, a linguaxe e os obxectos na construción da historia e a memoria. O seu traballo supón unha crítica aos sistemas establecidos cuestionando a suposta liberdade individual que propugna o capitalismo, así como o código moral que rexe as súas formas de actuar.

*A exposición complétase cun ciclo retrospectivo de filmes que se poderá ver na Biblioteca-Centro de documentación do MARCO.

Madness and Other Tales, 2016  [Loucura e outros relatos, 2016]
Unha performance en vivo de Grace Schwindt
Vestiario: J. Mendez and Fernando Roman Rodriguez
Director: Ramón Souto
Solista: Lisa Cassidy, cantante
VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Iago Lariño, frauta/ Anne Tooming, piano/ Mario Peris and Marina Ortiz, violín/ Sergio Montero, viola/ Juan Carrillo, cello

Crédito da imaxe: Grace Schwindt: Orchestra under Silk [Orquesta baixo seda], 2015. Lápiz, acrílico sobre papel. 29,7 x 42,0 cm. Cortesía da artista e Zeno X Gallery, Amberes