10º Festival Mixtur

Beat Furrer, Carola Bauckholt, Joëlle Léandre

30/9/2021 - 10/10/2021

Trala nosa exitosa presentación na cuarta edición do Festival Mixtur alá polo 2015, volvemos este outono a participar na décima edición dun festival co que compartimos moitos anceios e complicidades. Nesta ocasión desenvolveremos un concerto e sesións de lectura cos alumnos seleccionados.

A décima edición do Festival Mixtur chegará a Barcelona do 30 de setembro ao 10 de outubro. Os compositores Beat Furrer e Carola Bauckholt e a improvisadora Joëlle Léandre son algúns dos artistas que impartirán os Obradoiros Mixtur de 2021. Entre os primeiros nomes da formación destacan os recoñecidos conxuntos Ensemble Garage, Funktion e Vertixe Sonora, o novo grupo catalán Kebyart Ensemble e os proxectos pedagóxicos co Ulysses Ensemble e a orquestra ESMUC. Entre as encomendas do Mixtur 2021 destaca a obra que a compositora Maria de Alvear, gañadora do Premio Nacional de Música 2014, escribiu para o Kebyart Ensemble.

2.10.21 Concerto 20.30 h.
3.10.21 Sesións de lectura 10-14 h.