No solpor e despois
Bryndan Moondy, Amir Khalaf, Chun-Ting Pang, Alfred Jimenez, Tsu-Yao Yang, José Luis Perdigón
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE.
Cada atardecer unha pintura instantánea
cada nube un libro de sombras
pola que voan salvaxes
as vogais dos paxaros
que chorarán de súpeto
Lawrence Ferlinghetti
Un encontro á beira do río con músicas que convidan a gozar do solpor. Luces, sons e arrecendo a humidade nas partículas da atmósfera. Cada pequena mutación o centro do mundo. Fugacidade de cores –pinceladas vermellas, rosas, violáceas, laranxas, marelas– magnífica colleita!. E segundo varíe o ángulo dos raios e nos abrigue máis a noite, a percepción máis rica en matices. Festexo da sensualidade nas flores –oído, ollo, olfato, tacto–. Música, civilización e natureza.
Bryndan Moondy (Santa Cruz, Estados Unidos) Pyrolisis* para óboe e electrónica
Amir Khalaf (Cairo, Egipto) Drone* para óboe, fagot, guitarra eléctrica
Chun-Ting Pang (Hong Kong, China, 1983) Fiestras, papel e luz* para óboe, fagot, guitarra eléctrica, electrónica
Alfred Jimenez (Suecia, 1988) Ascensións mudas* para fagot, guitarra eléctrica, electrónica
Tsu-Yao Yang (Taiwan) Esbozo de Zobeide* para óboe amplificado
José Luis Perdigón (Santa Cruz de la Palma, España, 1990) Flim-Flam* para óboe, fagot, guitarra eléctrica, electrónica
*Estrea mundial. Comisionadas no marco do 7º Curso de composición Barcelona Modern
VERTIXE SONORA Pilar Fontalba óboe | Jesús Coello fagote | Nuno Márquez guitarra eléctrica | Ángel Faraldo electrónica