Creación de nova organoloxía acústica, electrónica e dixital

Obradoiro relámpago, cursiño breve e directo no que presentamos recursos científicos que inspiren alternativas de creación artística sostibles coa filosofía do DIY (do it yourself) por bandeira.

Os participantes deseñarán instrumentos coas súas propias mans empregando materiais simples ou reciclados incidindo na importancia de entender e ser capaces de crear tecnoloxía propia coma medio para lograr ser (un pouco) máis libres.

Procuramos espertar a creatividade científico-artística dos alumnos ofrecendo ferramentas que permitan a súa autonomía persoal nun contexto educativo, creativo e eficiente, cun transfondo de sostibilidade ecolóxica. Aprenderemos reutilizar materiais de reciclaxe aproveitando a grande cantidade de basura tecnolóxica que xera a nosa sociedade.