VII MIHLSons-XXI 2019
Lugo
2019
“O obxectivo dos músicos da Xeración do 27 foi, partindo da tradición musical española, incluír a nosa música nas principais correntes vangardistas que se desenvolvían por aquela época en Europa. A pesar de todos os atrancos que deberon superar e do traumático parón tras a guerra civil española, que condenou á maioría dos músicos da xeración ó exilio, as bases creadas por este grupo terán continuidade na coñecida como Xeración do 51”.
J.I. González Mozos
No limiar do s. XX, a creación musical en España estaba dominada pola corrente postromántica e nacionalista que lideraban Manuel de Falla, Enrique Granados, Isaac Albéniz e Joaquín Turina. Tras eles, unha nova xeración de compositores abriuse paso transitando un camiño que os levou cara os postulados estéticos neoclásicos e modernistas imperantes na Europa de entreguerras. Neste grupo sobresairán nomes coma os de Ernesto e Rodolfo Halffter, Federico Mompou, Roberto Gerhard ou o lucense Jesús Bal y Gay, sendo á vez predecesores da xeración do 51 dos Cristóbal Halffter, Luis de Pablo ou Carmelo Bernaola, creadores vinculados ás vangardas creativas da segunda metade do s.XX. Paralelamente a isto, tiña lugar en Portugal un proceso similarcon compositores coma Luís de Freitas Branco ou José Viana da Motta pasándolle o testigo a unha nova xeración con nomes coma Emmanuel Nunes, Luís Tinoco, João Pedro Oliveira, Jorge Peixinho ou Miguel Azguime.
“Quen se aferra a un sistema, faise epígono de quen o inventou. Crear é, ó meu modo de ver, transformar o sistema, como fixo Mozart no seu tempo” Enrique X. Macías
Foi en Portugal onde o vigués Enrique X. Macías, posiblemente o compositor galego máis importante do último terzo do s. XX, encontrou máis sinerxías e apoios para desenvolver o seu labor creativo. Estas e outras circunstancias da súa vida serán abordadas na conferencia-concerto “Enrique X. Macías: material – rizoma” a cargo de Paco Yáñez e Vertixe Sonora Ensemble.
Ademais desta actividade, o VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” contará cunha programación de tres concertos, unha clase maxistral de percusión e o espectáculo de música e danza contemporánea “Olladas no Tempo”.
Diego Ventoso
Dirección artística e coordinación do Ciclo
ENTRADA DE BALDE ata completar a cabida en todos os concertos. Para as dúas sesións do espectáculo “Olladas no Tempo” recoller invitacións na Oficina Municipal de Turismo (Praza do Campo, nº 11) no seu horario habitual a partir do 2 de abril (2 por persoa)
Martes, 2 de abril ás 20:00 h. – MIHL
REMEMORANDO O PORVIR
Martes, 9 de abril ás 20:00 h. – MIHL
LIBRO DE ESCOITAS
Martes, 23 de abril ás 20:30 h. – Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
ENRIQUE X. MACÍAS: MATERIAL – RIZOMA
Martes, 30 de abril ás 20:00 h. – MIHL
ELECTRONIC’S
Martes, 23 de abril ás 20:00 h. – Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
ENRIQUE X. MACÍAS: MATERIAL – RIZOMA
Xoves, 11 de abril ás 18:30 h. e 20:30 h. – Centro Cultural O Vello Cárcere
OLLADAS NO TEMPO. Espectáculo de música e danza
Martes, 30 de abril de 17:00 h. a 18:30 h. – MIHL
O REPERTORIO IBÉRICO PARA PERCUSIÓN. Clase Maxistral