VI MIHLSons-XXI 2018
Lugo
2018
“Na música de Hosokawa encóntrase unha rara combinación de música tradicional xaponesa e do modelo compositivo da vangarda musical alemana do período de posguerra. O seu discurso destaca pola coidadosa atención ó son, especialmente ó timbre, e polas intrusións sonoras inesperadas e audaces. Exprésase a través dun pensamento contemplativo no que destaca o silencio.” Carme Miró
Coa aparición a mediados do século XIX dos nacionalismos no romanticismo musical, infinidade de compositores encontraron na mistura entre a música tradicional dos seus países de orixe e a tradición centroeuropea a razón de ser da súa creación musical, deixando tras de si multitude de sendeiros polos cales outros seguiron investigando e profundizando na procura de acadar unha linguaxe persoal única e transcendente. Nun deses vieiros a medio camiño entre o redescubrimento das músicas máis ancestrais das súas culturas e as tendencias occidentais máis vangardistas é onde podemos encontrar ós compositores orientais xa clásicos da música contemporánea Toru Takemitsu e Isang Yun ou ó máis actual Toshio Hosokawa.
“Estou a buscar unha nova forma de cultura e música espiritual xaponesa, a través da cal podo seguir sendo fiel a min mesmo e ás miñas orixes. Necesitamos examinar de novo o mundo occidental, máis coidadosamente, para que nos vexamos obxectivamente e para realmente coñecernos “. Toshio Hosokawa
Tras as dúas últimas edicións dedicadas á música contemporánea europea e americana e na procura de pechar o círculo desta ollada xeral ó panorama musical actual, o VI Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” abordará a música contemporánea non occidental dende perspectivas tan diferentes coma as que cultivan hoxe en día compositores sudamericanos, persas ou do lonxano oriente, aportando ademais tres estreas mundiais . Para iso, esta edición contará coa participación da pianista iraní Aida Sigharian, da percusionista lucense Sabela Castro, do ensemble galego Vertixe Sonora, que presentará dous programas a cargo do seu pianista David Durán e o saxofonista Pablo Coello e un terceiro programa de cámara, ademais da participación do grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e do grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, nesta ocasión presentando o espectáculo “Orixes”.
Diego Ventoso Fernández
Dirección artística e coordinación do Ciclo
ENTRADA DE BALDE ata completar aforo en todos os concertos.
MARTES 3 DE ABRIL, 20:30h | MIHL
JAPANESE MEMORIES
MARTES 10 DE ABRIL, 20:30h| CASA DO SABER
INTERLINEAL: HOSOKAWA & BACH
MARTES 17 DE ABRIL, 20:30h | VELLO CÁRCERE
CORROSSION RESISTANCE
XOVES 19 DE ABRIL, 20:30h | CASA DO SABER
MY HOUSE IS CLOUDY
MARTES 24 DE ABRIL, 20:30h | CASA DO SABER
OLLADAS PERIFÉRICAS
___________________________________________________________________________
XOVES 12 DE ABRIL, 18:30h e 20:30h | MIHL
ORIXES*
*Para as dúas sesión do espectáculo “Orixes” haberá que recoller entradas no MIHL a partir do 3 de abril (2 por persoa)
___________________________________________________________________________
XOVES 12 DE ABRIL, 10:30h e 12:30h | MIHL
ORIXES
Fernando Buide proposta didáctica e presentación
___________________________________________________________________________
Martes, 3 de abril de 17:00 h. a 18:30 h. | Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
O Repertorio xaponés para percusión. Clase maxistral
___________________________________________________________________________

![]()