Vertixe Sonora quere manifestar o seu compromiso coa PAZ e a unión dos pobos. É urxente dicir NON á guerra, é urxente manifestar a nosa postura, visibilizar, formar parte; porque a cultura, como dicía Celaya, é unha arma cargada de futuro e por iso nas artes, nunha sorte de ética da entrega, cómpre tomar partido até mancharse.
Este domingo 6 de marzo, ás 12h, no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela (Rúa do Monte dos Postes), realizaremos una acto de apoio a Ucraína, para o que pedimos a vosa colaboración y participación.
Presencial
Asistindo e facendo una intervención (calquera tipo manifestación ou intervención artística, lectura, declaración de apoio, etc.)
Telemática
1.- a través de Zoom (para a que se enviará ligazón previa solicitude a info@vertixesonora.gal), facendo a intervención en liña ou
2.- enviando una gravación realizada para o evento a info@vertixesonora.gal coa información necesaria
Presentación persoal e, sobre a obra, de non ser un manifesto persoal de apoio:
Autor
Título
Duración
Prégase confirmar participación para organizar.
Haberá retransmisión en streaming
DESCULPADE A PREMURA, PERO ANTE OS ACONTECEMENTOS, CADA VEZ MÁIS PREOCUPANTES, NON PODEMOS QUEDAR INMÓBILES.
MOITAS GRAZAS POLA COMPRENSIÓN E POLA PARTICIPACIÓN.