Vertixe Sonora participará na sétima edición do Curso Internacional de Composición Barcelona Modern do 10 de marzo a 16 de xullo de 2021 xunto a  Francesco Filidei, Oscar Bianchi e o ensemble Barcelona Modern. Doce novas creacións e quince países participantes –Exipto, Singapur, Alemania, Estados Unidos, Taiwan, China, Colombia, Grecia, Suecia, Reino Unido, Italia, España, Arxentina, Portugal, Costa Rica– nesta celebración multicultural a prol da nova música.

E no outono a décima edición do Festival Mixtur chegará a Barcelona do 30 de setembro ao 10 de outubro. Os compositores Beat Furrer e Carola Bauckholt e a improvisadora Joëlle Léandre son algúns dos artistas que impartirán os Obradoiros Mixtur de 2021. Entre os primeiros nomes da formación destacan os recoñecidos conxuntos Ensemble Garage, Funktion e Vertixe Sonora, o novo grupo catalán Kebyart Ensemble e os proxectos pedagóxicos co Ulysses Ensemble e a orquestra ESMUC. Entre as encomendas do Mixtur 2021 destaca a obra que a compositora Maria de Alvear, gañadora do Premio Nacional de Música 2014, escribiu para o Kebyart Ensemble.

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario