V MIHLSons-XXI
Lugo
2017
“A música non está para expresar sentimentos, senón para expresar música”.
Esta célebre frase de Pierre Boulez podería considerarse unha sinopse do cambio de paradigma que na música clásica-contemporánea aconteceu a principios do século XX, tendo como precursores ós compositores da Segunda Escola de Viena (Arnold Schoenberg, Anton Webern e Alban Berg) e que acabaron asumindo as seguintes xeracións de creadores. Música como arte independente, música para a música e avance na técnica como camiño a seguir a costa de rachar coa maior parte das ligazóns co pasado.
“(…) dende os descubrimentos realizados polos vieneses, calquera outra composición diferente á dodecafónica é inútil”. Pierre Boulez
Así e todo, o século XX e a súa continuación ata o presente deixou de ter na arte un só camiño ou ‘mainstream’ como tivera ata ese momento, coexistindo innumerables ramificacións estilísticas, estéticas e filosóficas que van dende os abandeirados das vangardas máis rompedoras ata os nostálxicos das linguaxes do pasado.
Co obxectivo de verter luz sobre algunhas das claves que explican o desenvolvemento da música contemporánea en Europa, o V Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” incluirá na súa programación de actividades catro conferencias-concerto nas que se abordarán as liñas estéticas máis importantes e influentes do panorama actual.
Do mesmo xeito e como en anteriores edicións, o ciclo seguirá a incidir na súa finalidade divulgativa a través dun obradoiro de libre improvisación para estudantes de música, un concerto didáctico para escolares e un concerto para todos os públicos a cargo do percusionista Luis Tabuenca e na súa función dinamizadora coa participación do grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, do grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e da pintora Yano Yoro no espectáculo “Six Japanese Gardens”.
Diego Ventoso Fernández
Dirección artística e coordinación do Ciclo
CONFERENCIAS – CONCERTOS
Martes 4 de abril ás 20h | Casa do Saber
MÁIS ALÓ DA VANGARDA: NOVA COMPLEXIDADE E NEOTONALIDADE (conferencia)
Pablo Sánchez Quinteiro relator
NOVAS PAISAXES PIANÍSTICAS EN EUROPA (concerto)
Juan Ignacio Martínez Pardo piano
Programa
Alfred Schnittke Sonata para piano nº 3 (1992)
I. Lento
II. Allegro
III. Lento
IV. Allegro
Fernando Buíde Pico sacro (2009)
James Dillon Dragonfly (2009)
Wolfgang Rihm Auf einem anderen Blatt (2009)
Martes 18 de abril ás 20h
Casa do Saber
O AMPLO ABANO DA SONORIDADE: DO SILENCIO Á SATURACIÓN PLENA (conferencia)
Paco Yáñez relator
TORONI (concerto)
VERTIXE SONORA David Durán piano, Ailsa Lewin violonchelo
Programa
Helmut Lachenmann Guero (1969) piano
Ramón Souto Toroni * (2016) piano e violonchelo con obxectos de vibración
*Estrea da versión completa
Martes 25 de abril ás 20h
MIHL
NOVOS HORIZONTES DA ARTE SONORA: RETROSPECTIVA E ACTUALIDADE (conferencia)
Pablo Beltrán Sobrado relator
PC – ELECTRONIC (concerto)
Iván Herranz percusión
Programa
Carlos David Perales Teatro de Sombras (2015) caixa e electrónica
Joan Bagés Grans (2014) 3 caixas e electrónica
Vicent Gómez E-udú (2016) udu e electrónica en vivo
Bruno Mantovani Le Grand Jeu (1999) congas, bongós e electrónica
Martes 2 de maio ás 20h | MIHL
CAMIÑOS INTERIORES E CAMIÑOS ABERTOS (conferencia)
Javier María López Rodríguez relator
PUNTOS DE REFERENCIA (concerto)
Ensemble de saxofóns do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Gladis Aguiar, Juan Cao, Rubén Fraga, Alejandro Galansky, Andrea González, María Jesús López, Jorge Martínez, Adrián Montes, Alexandre Rodríguez, Laura Rodríguez, Jorge Rogero e Alejandro Troya
Rafael Yebra e Alejandro Troya dirección musical
Programa
Michael Norris Orbits of Influence (2011) ensemble de saxofóns
Sofia Gubaidulina Duo Sonata (1977) dous saxofóns barítonos
Kazuto Miyazawa Versuch über Fractal (1988) ensemble de saxofóns
Jesús Torres Tenebrae (2012) cuarteto de saxofóns
Francisco Guerrero Rhea (1988) ensemble de saxofóns
CONCERTO
Venres 7 de abril ás 20:30h | MIHL
AUTORRETRATO
Luis Tabuenca percusión
Alumnado do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
Programa
Participantes do obradoiro de improvisación libre improvisaciónarada
Luis Tabuenca
Autorretrato (2013) batería preparada
Corrección (2015) vibráfono e pingas de auga
Anverso/Reverso* (2017) multipercusión
Vinko Globokar
Corporel (1985) percusión corporal
Luis Tabuenca
Como un velo de luz (2016) tambor militar e voz en off
Misericordia 6504 (2016) cine estendido e obxectos
Tántalo (2014) bombo suspendido e voz en off
* Estrea absoluta
ESPECTÁCULO DE MÚSICA E DANZA CONTEMPORÁNEA
Venres 21 de abril ás 20:30h | MIHL
SIX JAPANESE GARDENS
Kaija Saariaho I Tenju-an Garden of Nanzen-ji Temple (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza
Christos Hatzis Fertility Rites I (1997) marimba, electrónica e danza
Kaija Saariaho II Many Pleasures (Garden of the Kinkaku-ji) (Six Japanese Gardens) (1995) percusión e electrónica
Luis Antunes Pena Tres quadros sobre pedra I e II (2008) percusión, electrónica e danza
Kaija Saariaho III:Dry Mountain Stream (Six Japanese Gardens) (1995) percusión e electrónica
Luis Antunes Pena Tres quadros sobre pedra III (2008) percusión, electrónica e danza
Kaija Saariaho IV Rock Garden of Ryoan-ji (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza
Pablo Beltrán Na procura do Sisili (2015) cuarteto de percusión, electrónica e danza
Kaija Saariaho V:Moss Garden of the Saiho-ji (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza
John Luther Adams Giving Birth to Thunder (Coyote builds North America) (1990) cuarteto de percusión e danza
Kaija Saariaho VI Stone Bridges (Six Japanese Gardens) (1995) percusión, electrónica e danza
Grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
Íñigo Barreiro, Miguel Carballo, Uxío Domínguez, Brais Pérez, Brais Vázquez e Martín Vázquez
Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Tenju-an Garden of Nanzen-ji Temple, Stone Bridges (Six Japanese Gardens) e Tres quadros sobre pedra I: Clara Ceide, Lucía Díaz, Adriana González-Redondo, Paloma Lugilde e María Pérez
Fertility Rites I: Lucía Baamonde, Paloma Fernández, Nerea López, Blanca Méndez, Stephania Orozco, Laura Xiao Ouro e María José Pérez
Tres quadros sobre pedra II: Nahir Armada, Laura Carreira, María Díaz, Elisabet Fernández, Aitana Fuentes, Carla Mosteiro, Nuria Otero, Carlota Paz, Claudia Pérez, Cristina Pérez, Candela Rivas e Helena Silva
Tres quadros sobre pedra III:Raquel Ameijide, Sandra Carreira, Carlota Criado, Carlota Díaz, Noa Fágil, Paula Fernández, Alicia García, Paula García, Judith Roca, Ariadna Sánchez, Catalina Li Santos, Lucía Tosar, Xian Varela e Ángela Vázquez
Rock Garden of Ryoan-ji(Six Japanese Gardens) e Na procura do Sisili: Candela Díaz (só Na Procura do Sisili), Ángela Gay, Serea López, Paula López, Carlota Pardo, María Rey, María Rodríguez e Paula Leonor Rodríguez
Moss Garden of the Saiho-ji (Six Japanese Gardens): Lucía Baamonde, Patricia Cachorreiro e Blanca Méndez
Giving Birth to Thunder (Coyote builds North America): Teresa Delgado, Paloma Fernández, Carlota Gómez, Nerea López, Paula Martínez, Stephania Orozco, Laura Xiao Ouro, Laura Pan e María José Pérez
Silvia Victoria Eijo (Stone Bridges), Alba Felpete (Tenju-an Garden of Nanzen-ji Temple e improvisación de Rock Garden of Ryoan-ji), Ana Belén Ferreiro (improvisación de Fertility Rites I e Na procura do Sisili), Reyes González (Giving Birth to Thunder), Julia Penado (Tres quadros sobre pedra II e III) e Xiana Vilas (improvisación de Tres quadros sobre pedra I e Moss Garden of the Saiho-ji) coreografías
Yano Yoro pintura en vivo
Diego Ventoso dirección musical
OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN MUSICAL LIBRE
Venres 6 de abril de 17h a 20h | Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
Luis Tabuenca profesor
CONCERTO DIDÁCTICO PARA ESCOLARES
Venres 7 de abril ás 11h | MIHL
A IMPROVISACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE CREACIÓN MUSICAL
Luis Tabuenca presentación e percusión
ENTRADA DE BALDE ata completar aforo en todos os concertos