IX MIHLSONS
Lugo
2021
O concepto de composición na música occidental xurdiu da problemática do carácter efémero e inaprensible do feito musical como performance. O desenvolmento dunha grafía no medievo capaz de fixar de maneira estable a praxe precedente, xunto coas posibilidades que abriu por si mesma, impulsaron o proceso de racionalización intrínseco á composición, incidindo isto no paradigma de creación renovada propio da nosa cultura musical.
“Historicidade e composición están ligadas a un concepto propio do ‘novo’ que supón a renovación continua dunha produción discreta, oposta á súa transformación gradual, como sucede na tradición oral. É este, sen dúbida, tamén un trazo intrínseco da historicidade da música occidental, o seu motor”.
Juan José Carreras
Froito dese proceso de renovación, a música de occidente formou ó longo dos séculos unha grosa paraza lingüística arredor de si, a cal segue sendo desafiada por cada xeración de creadores. Como afirma Enrico Fubini, “todas as grandes novidades, tamén na música occidental, xorden de repentinos descartes da tradición, repentinos empeños nunha linguaxe fóra das regras e da racionalidade na que parecía establecerse o seu significado, para acadar forza e orixinalidade deses elementos escuros e non racionalizables que palpan máis de cerca a natureza pre-lóxica do home e a sociedade”.
Partindo desta premisa da creación renovada, o IX Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHLSons-XXI presenta cinco propostas que van dende a exploración da intelixencia artificial, creatividade aumentada e colaboración ser humano-máquina do concerto New Music, New Paths ata a interacción entre música e cinema de The Pawnshop, pasando por diferentes aproximacións á ciencia e tecnoloxía en Vítreo – baixo o signo do vidro, The Falls Fight e Sólidos e líquidos II. Asimesmo, o aspecto divulgativo do ciclo estará presente a través de tres charlas didácticas que darán as claves das propostas musicais que acompañan.
Diego Ventoso Fernández
Dirección artística e coordinación do Ciclo
NOVA MÚSICA, NOVOS CAMIÑOS CONCERTOS
Sábado, 20 de novembro ás 18:30 h
VÍTREO – BAIXO O SIGNO DO VIDRO
Nuno Aroso
Clamat – colectivo variable
Domingo, 28 de novembro ás 18:30 h
THE FALLS FIGHT
Synergein Project
Sábado, 4 de decembro a las 18:30 h
SÓLIDOS E LÍQUIDOS II
Ixor – Cuarteto de saxofóns
Sábado, 11 de decembro ás 18:30 h
THE PAWNSHOP
Banda Filarmónica de Lugo
Iván Martínez dirección
Sábado, 18 de decembro ás 18:30 h
NEW MUSIC, NEW PATHS
Vertixe Sonora
CHARLAS DIDÁCTICAS
Sábado, 20 de novembro ás 17:30 h
Nuno Aroso relator
Domingo, 28 de novembro ás 17:30 h
Sisco Aparici e Juanjo Llopico relatores
Sábado, 18 de decembro ás 19:30 h
Roberto Alonso relator
Todas as actividades do ciclo terán lugar no MIHL, excepto o concerto The Pawnshop que se celebrará no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Entradas de balde ata completar a cabida en www.entradaslugo.es