MONDO 26

VERTIXE en USA

19/1/2026 - 26/1/2026
0€
Austin (Texas), Phoenix (Arizona)

Segunda visita de Vertixe Sonora aos Estados Unidos. Nesta ocasión, nunha estancia do 19 ao 26 de xaneiro nas cidades de Austin (Texas) e Phoenix (Arizona). Convidados pola University of Texas e  a Arizona State University, presentarase o espectáculo SIEMBRA, xunto a sesións de lectura, clases maxistrais e concertos con obras escritas para Vertixe desde os departamentos de composición

SIEMBRA, obras de Violeta Cruz (Bogotá, Colombia, 1986), Voro García (Sueca, España, 1970), Po Chien Liu (Kaohsiung, Taiwan, 1988) Tianyu Zou (Guangzhou, China, 1996) e Fernanda Navarro (São Paulo, Brasil)