Tudor
La membrana
David Tudor (Filadelfia, 1926 – Nova Iorque, 1996) é sen dúbida unha figura indispensable para comprender a música electrónica experimental e de vangarda do século XX. Pianista virtuoso asociado á escola de Nova Iorque, amplamente coñecido como colaborador de John Cage, e valedor dun amplo número de partituras gráficas e obras non especificadas da posguerra; a partires dos 60 substiúe as teclas e cordas do seu instrumento por circuitos e sinais eléctricos de propia creación. En 2026, centenario do seu nacemento, destacamos este proceso de gradual transformación e a natureza dual deste gran músico.
Debido as características da súa práctica artística, en Tudor reinterpretamos, recompoñemos, reimaxinamos o seu legado mostrando obras significativas da súa etapa como pianista, e das súas actuacións de música electrónica en directo. De xeito que, aínda que nada do que se poida escoitar fora previamente interpretado, como tal, por David Tudor todo xorda da súa idea e conceptualización.
Entre o ano 50 e o 53, Feldman escribiu seis breves intermedios para piano: Música lenta e extremadamente suave. Sofisticado refinamento nas matices de cor. Exquisita atención aos máis pequenos detalles. O quinto intermedio data do ano 52. Con él comeza esta travesía. Presten atención ao permanente xogo de vibracións simmpáticas. Aos catro acordes fortississimo da primeira metade. Ao persistente agudo, que anticipa no final o delicado uso da repetición na súa música posterior.
Do mesmo ano é “Decembro, 1952″. Influído polas esculturas móbiles de Alexander Calder, pola espontaneidade do expresionismo abstracto de Jackson Pollock e polas tradicións afro-modernistas da improvisación jazzística; Earle Brown concibiu un móbil físico tridimensional de formas rectangulares en constante cambio. Pretendía do intérprete unha actitude espontánea á hora de “ler” a súa partitura: rectángulos negros horizontais e verticais sobre unha folla de papel cadrada.
Para o 55 aniversario de Túdor no ano 61, John Cage compuxo Variacións Dous como agasallo. Tudor frotábase as mans: reutilizaría a proposta para explorar a electrónica en vivo. Enchoupou o piano de micros transformándoo nun obxecto electrónico resoante e creando un complexo sistema de retroalimentación e resonancia impredicible. Alí operaba 50 accións notadas segundo un sistema de cadrados, “nomografías”, que sustituía á grafía orixinal de Cage.
“O altofalante debería ter unha voz única e non ser somentes un instrumento de reprodución” A primeira versión da súa obra cume RAINFOREST/ BOSQUE TROPICAL data do ano 68 e servía de banda sonora para a coreografía homónima de Merse Cunningham para oito obxectos do tamaño dunha mesa a través dos cales se transmitía o son. Continuou evolucionando a obra en sucesivas versións. A cuarta versión do 73, xunto a John Driscoll, Phil Edelstein e Matt Rogalsky, os Composers Inside Electronics: a transformou nunha paisaxe sonora cunha ducia de obxectos escultóricos, colgando do teito, entre os que o público podía camiñar libremente. A quinta versión (2009/2015) era unha peza de museo permanente: unha instalación sonora automatizada e autoperformante concibida por Tudor antes da súa morte e posteriormente realizada polos seus colaboradores. Aquí Faraldo e Lizarazu reinterpretan a obra nunha versión exclusiva para este proxecto.
Haize Lizarazu é pianista e creadora de música experimental. Interesada en traballar co son de diferentes xeitos, aborda a investigación e a creación artística desde unha perspectiva interdisciplinar, baseada na relación entre o corpo transdutivo, o son e o xesto que os conecta. Entende a súa práctica artística como un esforzo colaborativo onde se poden hibridar diferentes metodoloxías e disciplinas. Presentou traballos artísticos no CA2M Madrid, Centre d’Art La Capella, L’Auditori, Museu de la Música Barcelona, Kaserne Basel, Musikfestival Bern, Centre d’Art Tecla Sala, Museo La Neomudéjar e Fundació Joan Brossa, entre outros. Formouse como pianista e improvisadora na ESMUC (Barcelona) e na Hochschule für Musik Basel (Suíza). Continuou os seus estudos cun máster en Arte Sonora na Universidade de Barcelona e obtivo un doutoramento en Teoría da Arte Contemporánea pola Universidade de Xirona. Codirixe La Membrana, un estudo experimental de creación e masterización sonora en Barcelona.
Anxe Faraldo é músico e científico do son. A súa produción artística céntrase na exploración de medios electrónicos e dixitais non convencionais, cunha perspectiva performativa, crítica e ecolóxica do son electrónico, presente no seu traballo como compositor e improvisador. É moi activo como intérprete e produtor de música electrónica en directo con solistas e conxuntos, así como enxeñeiro de son especializado na masterización de música instrumental e electroacústica. Doutorouse no Grupo de Tecnoloxía Musical da Universidade Pompeu Fabra e foi director artístico de Phonos de 2018 a 2022. Actualmente imparte clases de composición electroacústica no Centro Superior de Música Katarina Gurska (Madrid) e codirixe o estudo La Membrana en Barcelona.