Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022

Tempo 3

Sábado 27 Agosto / 20:00H
San Domingos de Bonaval
Santiago de Compostela

“As cousas do mundo trenzan danzas a diferentes ritmos”.
Carlo Rovelli

Proxecto performativo e itinerante de expansión e compresión temporal que reflexiona sobre a dimensión non lineal do tempo cuántico.

Non hai agora, nin presente global obxectivo para o universo, nin antes, nin despois, no mundo sen tempo das micropartículas na súa gramática elemental. Só unha rede de interaccións de eventos entre si. A temporalidade é así unha perspectiva que corresponde a mundo ao que pertencemos, unha perspectiva da que non podemos liberarnos.

TEMPO é ademáis o derradeiro traballo discográfico de Pilar Fontalba que reflicte a necesidade de deixar testemuño dun novo repertorio escrito especialmente para ela. Creacións que nacen da experimentación co oboe e o oboe barítono, froito dun estreito traballo realizado entre os autores e a intérprete.

JUAN JOSÉ ESLAVA “Melos” para óboe barítono e electrónica

CAROLINA CEREZO “La peau douce” para óboe, cinta e elementos resonadores amplificados

JAVIER TORRES MALDONADO: “Tensión tranquila” para óboe e electrónica

LOUIS AGUIRRE “Oriki a Oló-Okún (Dona nobis pacem)”* para óboe solo

JOSÉ MARÍA SÁNCHEZ VERDÚ “Kinah” para óboe e tam tam

*Estrea mundial

 

VERTIXE SONORA Pilar Fontalba, óboe | Pablo Ramos, dirección e concepción escénica

 

LATEXOS. Proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo

Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU