II Do Audible 2014

Tactus

Vertixe Sonora e TrasPediante Danza con Ana Romaní - poeta

Xoves 19 Xuño / 20:00H
Sala Multiusos Universidade de Vigo Campus de Ourense
Ourense

Os latidos do corazón dun home respirando tranquilamente, así describía en 1496 o teórico Franchinuss Gaffurius o tactus, termo que designaba nos séculos XV e XVI á pulsación da música, e que se indicaba mediante un movemento ascendente e descendente da man, unha leve oscilación que simboliza humildemente a íntima relación que entre movemento do corpo e música acada a súa máxima expresión na danza.

Tactus, proposta conceptual centrada na percepción sensible do son, aúna todas estas referencias nun espectáculo de música, danza e poesía ó redor da respiración, o tacto, a caricia, a violencia física e o roce dos corpos.

John Cage (EUA 1912-1992)
Variacións I para calquer número de intérpretes e calquera tipo e número de instrumentos

Hugo Morales Murguía (México, 1976)
Xerador1 (2013) para percusión, saxo, acordeón, guitarra eléctrica e dous bailarinas
Estudo sobre o salto (2014)* para teclado midi, catro músicos e catro altofalantes
Estudo sobre a carne (2014)* para unha bailarina

Daniel Zea  (Colombia, 1979)
Kinecticut (2012)** para catro performers

*Estrea mundial, encomenda Vertixe Sonora Ensemble
** Presentación en España

Textos e recitado de Ana Romaní
A partires dunha idea de Hugo Morales Murguía

AULA DE ACORDEÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE OURENSE Nicolás Fernández, Noelia González, Rocío Mosquera, Álvaro Pérez, Erea Carbajales, Xián Vázquez, José M. Domínguez acordeones | Celia Adrián directora

TRASPEDIANTE DANZA Begoña Cuquejo, Nuria Sotelo, Maciek Sado, Miguel Gendre bailarinos e performers

VERTIXE SONORA Pablo Coello saxofón e performer | Celia Adrián acordeón  e performer | Diego Ventoso percusión  e performer | Marta Souto performer | Ramón Souto guitarra eléctrica e piano midi | Hugo Morales Murguía deseño e difusión de son