VI Festival Vertixe Sonora 2018
Concerto

A exposición negra

Simone Santi Gubini, Panayotis Kokoras, Paul Clift

Luns 15 Outubro / 20:00H / 1H
0€
Auditorio
Cangas do Morrazo

Simone Santi Gubini procúranos unha experiencia inmersiva total coa súa música para orquestra amplificada de nove instrumentos. Segunda das pezas na composición círculo evolución da obra de teatro musical para violoncello amplificado “E” (2016). En A exposición negra os instrumentos conforman un corpo musical enorme e vasto (de alta resistencia) provocado a través das escalas acústicas. O son como puro defecto instrumental é ambivalente, áspero, polvoriento, furiosamente profundo e sólido, como unha materia prima: materia grexa torchiata.

No contraste máximo de rexistros, o instrumento produce tons inestables e sons de “sobreexposición” para crear un novo tipo de movemento de paso. Todo o espazo do auditorio reconvertido no interior do instrumento musical. O público está inmerso no son do instrumento, na súa profundidade.

En Sound Box (caixa de son) explórase a forma en que se produce o son instrumental e a forma en que o instrumento reacciona á acción do músico durante a interpretación. Trátase dun xogo no que a forma se desenvolve facendo sons e non reproducíndoos”. A este divertimento convídanos o compositor grego Panayotis Kokoras na súa nova obra escrita especialmente para Vertixe Sonora co patrocinio de North Texas University.

A proposta a completa Inhabiting the vanishing de Paul Clift a segunda colaboración do compositor australiano con Vertixe Sonora despois do éxito do seu cuarteto The sea is not rising (2017)

Paul Clift (Australia1978)
Inhabiting the vanishing (2018) [EM]
frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión
Panayotis Kokoras (Grecia1974)
Sound Box (2018) [EM]
frauta, saxofón tenor, percusion piano, violín violoncello, contrabaixo e electrónica
Simone S. Gubini (Italia1980)
EII-Die Schwarze Ausstellung (2018) [EM]
ensemble amplificado de nove instrumentos

EM: Estrea Mundial


VERTIXE SONORA
Clarinete: Jorge López
Saxofón: Pablo Coello
Fagot: Jesús Coello
Guitarra eléctrica: Oswaldo Costal
Violín: Roberto Alonso
Violín: Mario Peris
Violonchelo: Ailsa Lewin
Violonchelo: Milagros García
Contrabaixo: Carlos Méndez
Percusión: Diego Ventoso
Piano: David Durán