
Sombra dobre
En 2025, o compositor e director de orquestra Pierre Boulez (nado o 26 de marzo de 1925) cumpriría 100 anos. “Dialogue de l’ombre double” foi escrito por Pierre Boulez, entre 1984 e 1985, en homenaxe ao sesenta aniversario do compositor italiano Luciano Berio.
A partires dunha escena da obra Le soulier de satin (O zapato de raso) de Paul Claudel, propón o diálogo entre o instrumentista (clarinete na versión orixinal) en directo e a súa sombra sonora. Deste xeito, a ‘sombra sonora’ do músico en directo é creada a través da reelaboración de fragmentos musicais previamente gravados polo mesmo instrumentista, un sistema de difusión sonora que rodea ao público, e reverberación.
Esteban Cabana presenta unha nova versión para saxofón alto e gravacións de audio e vídeo do Dialogue de l’ombre double
PIERRE JODLOWSKI Mixtion (2002) saxofón tenor e electrónica
PIERRE BOULEZ Dialogue de l’ombre double (1985) versión para saxofón alto, electrónica e vídeo*
GERMÁN ALONSO O Gran Cabrón (2012) saxofón barítono e electrónica en vivo
IXOR Aula de saxofón do CMUS Superior da Coruña
Pablo Peláez, Esteban Cabana, Pablo Rodríguez_saxofóns
*Gravación e edición de audio: Pablo Peláez
*Gravación e edición de vídeo: EASD Pablo Picasso