Vertixe 13

Sombra dobre

Mércores 15 Outubro / 20:00H / 45MIN
0€
Verbum
Vigo

Conmemoración especial nos 100 anos do nacemento de Luciano Berio (1925-2003) e Pierre Boulez (1925-2016).

Foi en 1949 no Festival de Música Nova de Colonia. Pierre Boulez e Luciano Berio, dous dos máis influintes compositores do século pasado, coñecíanse por vez primeira, na mediación de Luigi Nono. Pero non sería ata 1954 cando, coincidindo novamente en Donaueschingen, a súa relación fortaleceuse significativamente. Neste programa, enxalzamos a historia desa amizade no centenario dos seus nacementos en 1925.

Dialogue de l’ombre double (Diálogo da sombra dobre) foi escrita por Pierre Boulez entre 1984 e 1985 no sesaxésimo aniversario do seu amigo o compositor italiano Luciano Berio a quen está adicada. Inspirada nunha escena da peza teatral de Paul Claudel Le soulier de satin (O zapato de raso), sobor da purificación a través do amor. As sombras de dous amantes proxectadas no pano do fondo converxen nun novo personaxe feito de “escura espesa”. “A cortina revela unha pantalla na que se perfilan as siluetas dun home e unha muller, as súas mans xúntanse e logo sepáranse irremediablemente” – (Paul Claudel, 1992, p. 89). Esta dobre sombra, personificada, acusa o home e a muller que a formaron de convertela nun ser feito de espesa escuridade, sen dono, por se teren separado “E por que, despois de crearme, separádesme cruelmente, se son un só?” (Paul Claudel, 1992, p. 90). Pierre Boulez constrúe a súa obra Dialogue de l’ombre double a partir do diálogo entre o clarinete en directo e a súa sombra sonora. Nesta ocasión presentamos a versión para saxofón alto (real e virtual), electrónica e vídeo.

Récit de Luciano Berio, baseado na súa Sequenza IXb para saxofón alto xurde a petición de Claude Delangle para presentar no gran evento público, “Tous en Scène”, en 1998. Pedíralle unha obra para un conxunto moi grande de saxofóns, do mesmo tipo que a peza masiva para 1000 músicos afeccionados que Berio fixera en Lille anos antes. Dado que non posuía tempo suficiente o propio Berio suxeriu transcribir Récit (Chemins VII). O arranxo orixinal de Claude Delangle e Vincent David era para saxofón solo, cuarteto de saxofóns e oito saxofóns adicionais. Berio propuxo reelaboralo para un só grupo de doce saxofóns e percusión. Trala segunda presentación coa Orquestra Filharmónica da BBC corrixiu certas pasaxes –«o conxunto de saxofóns é moito máis uniforme que a orquestra; é necesario diferenciar as cores enriquecendo as notas sostidas que funcionan como a resonancia do solista–; e introduxo unhas cantas variacións tímbricas e melódicas: notas repetidas, articulación, grupos de notas que fan eco do solista, pedindo a Delangle desenvolver esa mesma idea ao longo de toda a peza. A última vez que Berio escoitou a obra foi no 2002, quedou gratamente satisfeito e comentou a Delangle con sorna: “Aquí tes unha nova peza de Berio!”

Luciano Berio (ImperiaItalia1925-2003)
Récit [CheminsVII] (1996) [EG]
saxofón alto, ensemble de 12 saxofóns e percusión
Pierre Boulez (MontbrisonFrancia1925-2016)
Dialogue de l’ombre double 1 (1985)
saxofón alto, electrónica e vídeo

EG: Estrea en Galicia
1: versión inédita para saxofón alto realizada polo intérprete. Vídeo: EASD Pablo Picasso


Esteban Cabana saxofón alto
José Javier Sanz director
ENSEMBLE DE SAXOFÓNS CSM A CORUÑA
Sopranos: 
Pablo Peláez, Amaya Viqueira, María Núñez
Altos: Miguel Valle, Adrián Pais, Andrea González
Tenores: Rubén Fuerte, Roi Sebio, Efrén Soto
Barítonos: Pablo Rodríguez, Serxio Piñeiro
Baixo: Pablo Coello
Percusión: Anxo Gonzalo