MONDO 26

Sementeira #2

Mércores 21 Xaneiro / 19:30H / 1H
0€
Sarah and Ernst Buttler School of Music
Austin, Texas

Deixar caer grans, pedras, maínzos de grixo, botar area, salpicar na auga… Xestos familiares que nos conectan coa infancia. Memoria de experiencias táctiles redescubertas a través da escoita. A materia acumulada dá testemuño do tempo. E tamén de sons pasados. Composta de puntos e fileiras de son, como pingas, como regatos, a música transpórtanos a un tempo antigo e a unha experiencia ritual. Un discurso á vez familiar e descoñecido, sinxelo e misterioso que afonda no escuro enigma da existencia enraizándonos na terra, evocando a humildade coa que cada unha das partículas máis pequenas forma parte dun todo. Que nos precede. Que continuará cando xa non esteamos aquí. Expresando, a través do son, a tensión e o equilibrio entre a terrible fraxilidade e, ao mesmo tempo, a tenaz resiliencia da vida na historia milenaria do universo.

 

Violeta Cruz (BogotáColombia1986)
Siembra – 19 formas de caer 1 (2026) [EM]
3 tambores, acordeón, percusión, electrónica en vivo
Voro García (SuecaEspaña1970)
La belleza de lo roto (2025)
saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, piano, percusión
Po Chien Liu (KaohsiungTaiwan1990)
Abschattung for Sextett (2025)
violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, piano, percusión
Tianyu Zou (GuangzhouChina1996)
Étude for sextet and electronics (2025)
violín, saxofón, guitarra eléctrica, acordeón, teclados, percusión, electrónica

1 Co apoio de SACEM


VERTIXE SONORA
Violín: Jacobo Hernández
Saxofón: Pablo Coello
Acordeón: María Mogas
Guitarra eléctrica: Nuno Pinto
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
Medios electrónicos: Iván Ferrer-Orozco