Putto Mictans
Proceso de creación dunha escultura co tecido educativo e asociativo da cidade.
A figura do neno preadolescente en acto de ouriñar é un motivo clásico que se atopa ocasionalmente na antigüidade, principalmente nos sarcófagos infantís, e que se recuperaría con grande éxito en pinturas renacentistas como Venus e Cupido (1530) de Lorenzo Lotto ou A bacanal dos nenos (1533) de Miguel Anxo.
Unha das imaxes máis coñecidas é o Manneken Pis, no centro histórico de Bruxelas (Bélxica), estatua de bronce deseñada por Jérôme Duquesnoy o Vello de Brabante, de 65,5 centímetros que representa a un neno espido ourinando na cunca da fonte.
Nesta escultura sonora reformulamos o motivo con dispositivos electrónicos.