Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022
Concerto

Polirritmias afroelectrónicas

DJ Nacheit

Martes 30 Agosto / 21:45H
Festival C | Zona C, Praza de Cervantes
Santiago de Compostela
Desde a Agrupación Vertixe Sonora queremos sumarnos ao pesar polo falecemento do funcionario do Servizo de Extinción de Incendios do Pazo de Raxoi ocorrido esta mañá en acto de servizo.
Enviamos as nosas sentidas concolencias á familia e amizades, así como ao persoal do Servizo do que era membo e sumámonos ao seu loito
Por suposto, suspéndese as actividades previstas para hoxe  no marco do Festival C da Compostela Cultura

 

 

Sesión musical a cargo de DJ Nacheit con pezas experimentais bailables articuladas arredor de polirritmos e electrónica africanas. Unha exploración sonora a través da electroacústica do primeiro Cairo, o jazz afrofuturista de Nova Iorque, remixes do Reich dos anos 90, gravacións de campo de paisaxes sonoras de Kenia, cámaras de eco de Kingston, afro-pop experimental burkinés, rumba experimental congoleña, gqom escuro de Durban, electrocumbia etíope de produción colombiana, Casa de bacardi pretoriana, mahraganat nubio, singeli de Dar Es Salaam, electro shangaan de Limpopo e sintetizadores modulares nixerianos e ugandeses.

Concerto de clausura de Cardinais Cademia Internacional Vertixe Sonora. A charla previa e a sesión musical enmárcanse na colaboración entre Vertixe Sonora (ISCM España) e NewMusicSA (ISCM Sudáfrica) a través do Collaborative Series da International Society of Contemporary Music (ISCM-SIMC).

DJ Nacheit actuou nas bienais de Venecia 2006 e A Habana 2009, en festivais como Imaginarius 2010, SxSW 2016 ou Periferias 2018, e en clubs, discotecas e eventos de España, Portugal e varios países africanos.