Vertixe 13

Perfecta imperfección

Sábado 25 Outubro / 20:00H / 1H
0€
MARCO
Vigo

Concerto multimedia que explora a beleza da imperfección no dixital perfecto a través dunha antoloxía da investigación realizada por Ensemble d’Arts a derradeira década.

Fundado en 2012 polo seu director artístico, Miguel Ángel Berbis, e con sede no Auditorio Rafelbunyol (Valencia, España), Ensemble d’Arts é un dos grupos máis vangardistas da actual escena musical electroacústica, multimedia e multidisciplinar de España. 

Composto por solistas de distinguida recoñecemento internacional, o conxunto caracterízase polo seu compromiso coa música de nova creación e a aplicación das novas tecnoloxías á arte sonora. O seu repertorio abrangue desde obras solistas ata pezas de conxunto, combinando nos seus programas compositores de renome con novos talentos emerxentes. Esta diversidade permítelle ofrecer propostas versátiles e estimulantes para o público. Entre as súas producións orixinais inclúense proxectos como o trío Electro Spanish Sounds, a serie Soloist Works, os proxectos de conxunto Ausiàs March i el Foll Amor e Fantasía Canina, o proxecto educativo El viatge de Nena, o proxecto interdisciplinar de danza urbana e-@rts hip hop e os proxectos multimedia no password e Connexions.

 

Carlos David Perales (ÚbedaEspaña1979)
Tres nocturnos (2025) [EM]
saxofón, violín, violonchelo, electrónica, video
Miguel Ángel Berbis (ValenciaEspaña1972)
X-elo (2023) [EG]
saxofón, 4 avatares, electrónica, video
Yoav Shemesh (HaifaIsrael1981)
Not The Same Cloud (2017) [EG]
violín, violonchelo, electrónica
Joan G. Alemany (ValenciaEspaña1990)
Un voyage dans le rassemblement d’arts (2025) [EM]
saxofón, violín, violonchelo, electrónica, video
Miguel Ángel Berbis (ValenciaEspaña1972)
Juana la loca (2016) [EG]
violín, violonchelo, electrónica, sistema de iluminación

EM. Estrea absoluta
EE. Estrea en España
EG: Estrea en Galicia


ENSEMBLE D'ARTS
Saxofón: Xelo Giner
Violín: Jenny Guerra
Violonchelo: Elena Solanes
Electrónica, vídeo, iluminación, difusión sonora: Miguel Angel Berbis