ESPAÑA ESPAÑA! 2024

Old things resonates new #1

Domingo 15 Setembro / 17:30H
Teatros del Canal
Madrid

Os obxectos cotiáns que nos arrodean, os artellos agora obsoletos, os restos que non se usan, renacen, e cobran un novo significado nas mans dos creadores sonoros na actualidade“. A partires desta premisa agroma Old things resonates new #1 (As cousas vellas resoan novas n° 1), a primeira parte dun díptico en colaboración co Melos New Vocal Music Collective de Vilnius, Lituania

Esculcan os territorios non convencionais da normalidade, Old things resonates new #1 presentarase en Madrid con obras instrumentais específicamente creadas para este proxecto por Catherine Kontz (Luxemburgo, 1976), Matías F. Rosales (Talca, Chile, 1988), Francisco Martín-Quintero (Huelva, España, 1969), Eduardo Caballero (México, 1976).

Na segunda parte, o 4 de outubro en Vilnius, no marco do Festival de Outono de Música Contemporánea de Lituania, terá lugar unha metamorfose co engadido de tres novas estreas mundiais para o ensemble ampliado e o coro de voces femininas do Melos New Vocal Music Collective, das compositoras lituanas Snieguolė Dikčiūtė, Aistė Vaitkevičiūtė  e Liepa Vozgirdaitė. 

Un total de oito novas creacións que transitan da música intrumental á vocal, da escrita pechada á aberta, da notación convencional á improvisación operando insospeitados buratos nunha exploración sonora do cotiá.

CATHERINE KONTZ(Luxemburgo, 1976) Breathing new life into it* (2024)
MATÍAS F. ROSALES
(Chile, 1988) Recycled Tiling** (2024)
EDUARDO CABALLERO (México, 1976) Antinomias [un espacio cerrado de la conciencia]* (2024)
FRANCISCO MARTÍN-QUINTERO (España, 1969) Rebrotes* (2024)
I. Nuevo Preludio hamicromático
II. Dictado por el Crepúsculo
III. Luces de carbunclo
IV. Reborn Signals
V. Obcecación (Seconda Preghiera Febrile)
CAMILO MÉNDEZ (Colombia, 1982) Cartography of Peripheral Spaces – Interior (2019)

*Estrea absoluta
**Estrea absoluta. Co apoio de SACEM

VERTIXE SONORA Roberto Alonso violín | Pablo Coello saxofón | David Durán piano | Diego Ventoso percusión | Iván Ferrer-Orozco sonorización