
Noa Noa
Zahir Ensemble
En Noa Noa (“perfumado” en tahitiano) surfeamos obras mestras francesas para flauta e electrónica en vivo de finais do século pasado acompañando a estrea de Alberto Carretero (Sevilla, 1985) especialmente concebida para este programa.
1987, 1992 e 2024, tres estadios da evolución da dixitalización dos procesos de música electrónica, o patrón ouro do cambio de século. O absolutismo do IRCAM na creación de superinstrumentos de infindas posibilidades combinatorias para a exploración da imaxinación creadora (metáfora transhumanista?) Entón, da IA non se adiviñara un mal xesto. Optimismo evanxelizador e paroxismo virtuosista: un instrumento só e electrónica. E miles e miles de novas composicións profesando a nova relixión tecnocientífica.
1893. Paul Gauguin pinta dez xilografías en París tralo seu regreso de Tahití. Debían ilustrar un libro –escrito xunto a Charles Morice– das súas viaxes e mostrar a arte do futuro. O libro nunca se fixo, pero aí quedara o diario. E con fragmentos do mesmo a finesa Kaija Sahariao (Helsinki, 1952-2023) creou en 1992 a voz da peza para frauta e electrónica que da nome a este concerto. Dirá: “Quería escribir, esaxerar, incluso abusar de certos xeitos de frauta que me perseguen desde hai uns anos, e así obrigarme a pasar a algo novo”. En Noa noa (1992) experimenta coa idea da simultaneidade (secuencial ou por superposición). E tamén con formas de traballo cooperativo xunto a frautista Camilla Hoitenga, o seu marido e músico electrónico Jean-Baptiste Barrière e o programador Xavier Chabot.
PHILIPPE MANOURY (1952) Xúpiter (1987)
ALBERTO CARRETERO (1985) Ditiramgo (2024)
KAIJA SAHARIAHO (1952-2023) Noa noa (1992)
ZAHIR ENSEMBLE Alfonso Rubio Marco frauta | Joan Bagès medios electrónicos

