Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022
Concerto

Minimáquina

Camilo Méndez, Daniel Zea

Domingo 17 Xullo / 18:00H
Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso
Mos

En Minimáquina presentamos dúas vertentes da música da diáspora colombiana. Se Camilo Méndez (Colombia, 1982), residente en Hong Kong, propón unha aproximación especializada na modificación artesanal de instrumentos acústicos para obter novos timbres sonoros; Daniel Zea (Colombia, 1976), residente en Xenebra, aparece como un dos máis conspicuos instigadores da música con novos medios en Europa. Dúas propostas de vangarda sonora para a tarde dun domingo tórrido.

 

DANIEL ZEA (Colombia, 1976)Swallow (2019) 2 performers, 2 ordenadores usando algoritmos de recoñecemento facial, xeradores de texto, vídeo e sons electrónicos

 

CAMILO MÉNDEZ (Colombia, 1982)BURSZTYN VI Minimáquina III* (2015) saxofón, acordeónCartography of Peripheral Spaces (2019) ensemble preparadoBURSZTYN VII Flexidra IV – Collide, Splinter, Splatter (2016) ensemble preparado

 

DANIEL ZEA (Colombia, 1976)
Borracho Dixital (2018) sampler (usando glitches e sons roubados de videoxogos), saxofón, guitarra eléctrica, percusión e xerador de textos en tempo real

*Estrea absoluta. Encomenda de MIXTUR

VERTIXE SONORA Jesús Coello contrafagot | Pablo Coello saxofón | Carlos Cortés trompeta | María Mogas acordeón | Roberto Alonso violín | Nuno Marques guitarra eléctrica, performer | David Durán piano, sampler, performer | Haruna Takebe sampler | Diego Ventoso percusión | Daniel Zea medios electrónicos