Outros concertos e actividades 2012
Galiza 2012
Recital poético e musical

Medre o mar!

Sábado 1 Setembro / 18:30H
Paraninfo da Universidade da Coruña
A Coruña

Medre o mar!  é o título da homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro.

VERTIXE SONORA  presentará parte do espectáculo A inspiración da luz con música de Giorgio Netti .. intuire la dispiegata forma della luce .(1999) para saxofón soprano interpretada por Pablo Coello, e videoproxeccións de Melendez Fassbender inspiradas no poemario Berros no roncar das ondas (2012) do poeta de Cangas.

Organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa (descarga aquí) está composto das seguintes actividades:

MIRANDO O MAR
. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires.

– 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta (toda a mañán), sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Tino Poza,  Nolo Suárez e Begoña Tojo.

– 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez.

 – 12:45 h. Outras voces, recital e música. Con Denis Graña Fernández, Natalia Concheiro, Berta DávilaFrançois Davo,Alfredo Ferreiro, Nolim González, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre NeriumBegoña PazHenrique RabuñalDores Tembrás e Ramiro Torres.

PASAR A MAROLA. Na Dársena.
– 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo AngueiraXabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h.

– 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.

MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza.
– 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez CáccamoAnxo AngueiraMarica CampoMarta DacostaLois Diéguez,Miguel Anxo Fernán-VelloXosé Luís Méndez FerrínXosé Manuel Millán OteroPilar PallarésManuel RivasCesáreo Sánchez IglesiasXavier SeoaneXulio L. ValcárcelDiana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes e Xurxo Souto.