VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Relatorio

Macías íntimo e persoal

Manolo Bragado

Sábado 7 Novembro / 18:00H
Coservatorio Superior de Música
Vigo
[ninja_form id=14]

Enrique X. Macías. A creación é un xesto total e totalizador.
Breve retrato humano do compositor e creador cultural dende aperspectiva da amizade dende a mocidade.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Na actualidade, orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A., dende o mes de xaneiro de 1994 ao de abril de 2018, empresa na que traballou dende 1990. Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago
(1976-1981), foi profesor do Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela. É presidente da Fundación Luzes, secretario da Asociación Premios da Crítica de Galicia, membro do Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, membro do Instituto de Estudios Vigueses, do padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da Sociedade Jules Verne de Vigo e da sección de «Lingua, literatura e comunicación» do Consello da
Cultura Galega.
Colaborador de *Faro de Vigo*, publica semanalmente, dende o mes de agosto de 1999 e de forma ininterrumpida, a sección «Campo de Granada», sobre actualidade socio-cultural de carácter local pola que obtivo o Premio Gómez Román (2000) convocado polo concello de Vigo e o premio de xornalismo Fernández del Riego 2014.
Amigo de Enrique X. Macías dende a mocidade publicou algunas semblanzas do compositor vigués.