IV Festival Vertixe Sonora 2016
Concerto

LUZ-NON-LUZ

Sábado 19 Novembro / 18:00H
Auditorio Municipal
Vigo

Hai douscentos anos producíuse o denominado ‘ano sen verán’. Foi en 1816 cando, como consecuencia da erupción do volcán Tambora un ano antes na actual Indonesia, unha nube de cinza que se estendeu por todo o mundo impediu que a luz do sol chegase de modo normal á terra, provocando un considerable arrefriado do clima no hemisferio norte. Non sería até 1920, cando o climatólogo americano William J. Humphrey establecese a relación entre ambos fenómenos.

O ‘ano sen verán’ tivo consecuencias terribles para a poboación en forma de fame e morte debido á perda das colleitas. Pero tamén tivo consecuencias na arte, como o poema de Lord Byron Darkness, o Frankestein de Mary Shelley ou moitos dos derradeiros cadros de William Turner que, empregando un estraño colorido para a época, evocan a cor avermellada que o ceo tiña entón debido ao modo en que as cinzas filtraban a luz solar.

ANAHITA ABBASI (IRÁN, 1985) Situation I / Incidents*
JACOBO GASPAR (ESPAÑA, 1975) Luz-non-luz*
EDUARDO CABALLERO (MÉXICO, 1976) Backtrack*

*ESTREA ABSOLUTA

VERTIXE SONORA ENSEMBLE Clara Saleiro frauta | Pablo Coello saxofón | Jorge Fuentes trompa | Isidro García acordeón | David Durán piano | Rubén Barros guitarra eléctrica |Diego Ventoso percusión | Mario Peris violín | Ailsa Lewin violoncello | Carlos Méndez contrabaixo | Ramón Souto director

vídeos